Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo non promete o ascenso, pero si "traballo e ambición"

Antonio Hidalgo non promete o ascenso, pero si "traballo e ambición"

Hidalgo recoñeceu que lle gustaría contar cun equipo curto

G24.gal 11/06/2025 13:39 Última actualización 11/06/2025 13:48

Antonio Hidalgo prometeu traballo, dedicación e levar os seus xogadores ao límite, pero evitou, a propósito, marcarse o obxectivo único do regreso do Deportivo a Primeira División.

"Da miña boca non saíu a palabra ascenso, pero si temos unha ambición grande. Este era o seguinte paso da miña carreira. Máis de 27.000 abonados é unha bendición. Necesitámolos a todos. Somos nós os que temos que darlle. Imos loitar con todo", sinalou.

"Podo prometer traballo e ambición. Soñamos con traballar unidos e ir día a día, e poñer ao Dépor o máis arriba".

O novo adestrador branco e azul explicou que o principal reto que ten é o de gañar.

"Queremos gañar, isto vai de resultados. Queremos ser protagonistas dos partidos, pero para iso imos ter que sufrir moitísimo pola dificultade da categoría", subliñou.

Hidalgo recoñeceu que lle gustaría contar cun equipo curto para que todos os xogadores sexan importantes e poder tirar dos futbolistas do Fabril cando fose necesario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade