Publicador de contidos

Publicador de contidos

Andrei Radu: “O Celta ten moita fame de éxito, podemos divertirnos moito”

Andrei Radu: “O Celta ten moita fame de éxito, podemos divertirnos moito”

"Paso a paso, o Celta está a converterse nun club moi grande", di o novo porteiro celeste

Foto Celta
G24.gal 11/06/2025 13:51 Última actualización 11/06/2025 14:00

Andrei Radu, a flamante fichaxe coa que o Celta reforzou a súa portería, ofreceu as súas primeiras palabras despois de comprometerse co conxunto celeste ata 2029. Nunha breve entrevista con Celta Media, a canle oficial do club, o gardameta romanés, de 28 anos, falou de como se xestou a súa contratación e das súas expectativas en Vigo, á vez que destacou a calidade do grupo e asegurou que está impaciente por vivir o ambiente de Balaídos.

“Este equipo ten moita fame de éxito. Podemos divertirnos moito”, subliñou.

O novo porteiro celeste referiuse na súa breve intervención aos motivos da súa fichaxe, na que o Celta levaba xa algúns meses traballando.

“O primeiro, o afecto da xente que me chamou desde aquí. Hai dous meses contactaron co meu axente e mostraron un grande interese en min”, explicou Radu.

Gustoulle tamén o proxecto que lidera Claudio Giráldez. 

"E tamén o proxecto que tedes aquí. Paso a paso, o Celta está a converterse nun club moi grande”.

O exporteiro do Inter de Milán confía en achegar experiencia ao conxunto de Giráldez, aínda que precisou que os éxitos nunca chegan en fútbol desde o plano individual e pediu unidade para plasmar o apetito competitivo común sobre o terreo de xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade