Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Ponteareas por lesións e ameazas con arma branca

Detido un veciño de Ponteareas por lesións e ameazas con arma branca

A vítima da agresión presentaba unha ferida na cara e dixo que o presunto agresor o ameazara cun puñal

Este mércores o investigado pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade

Queda pendente concretar os delitos que se lle imputan, debido a discordancias nas versións das partes

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 11/06/2025 15:55

A Garda Civil de Ponteareas detivo un veciño da localidade pontevedresa, de 31 anos e con antecedentes policiais, por un presunto delito de lesións e ameazas con arma branca.

A agresión produciuse este martes no centro de Ponteareas, onde os axentes atenderon á vítima, que presentaba unha lesión na cara e relatou que fora agredido por un coñecido seu que lle propinaba unha puñada e que, ademais, portaba un puñal co que o ameazara.

Os servizos de Urxencias acudiron ao lugar para atender o ferido e derivárono a un centro hospitalario.

O agresor foi localizado e detido horas despois como presunto autor dun delito de ameazas e lesións.

O individuo pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Ponteareas este mércores. Non se solicitou o seu ingreso en prisión, polo que quedou en liberdade, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A causa segue aberta e o xulgado non concretou os delitos que se lle imputan porque hai discrepancias nas versións dadas polas partes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade