Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector da vivenda debate na Coruña solucións contra a carestía

O sector da vivenda debate na Coruña solucións contra a carestía

O prezo da vivenda leva subindo 44 meses consecutivos en Galicia

G24.gal 11/06/2025 14:30

"De seguir a escalada de prezos, as hipotecas van ter que ser a 70 anos", subliñaban os asistentes ao foro celebrado na Coruña sobre o problema da vivenda.

"Temos unha sociedade que ten que revisar a distancia entre os salarios, os ingresos que ten unha familia, e o custe de algo tan básico como a vivenda. E este é un problema que nos ten que facer pensar a todos", dixo Luciano Alfaia, o presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Pasouse duns anos en que a demanda de vivenda social case non existía a que construír a propia vivenda unifamiliar sexa hoxe case unha quimera, ao alcance de cada vez menos persoas. 

"Máis que lamentar o que non fixemos é enfrontar o reto con enerxía, innovación", dixo Heriberto García, secretario xeral de Vivenda da Xunta.

E unha das apostas é o cambio nas técnicas de construción, co emprego de módulos prefabricados, que permitirán tamén impulsar a vivenda pública. Con moita planificación, cadros de persoal que entran a traballar ás sete e saen ás tres en xornada única, e un deseño detallado que permite rebaixar os custos de produción.

Tamén apostan pola cultura da rehabilitación. Insisten en que hai que coidar os núcleos existentes, e non seguir expandido o territorio das cidades que, pensan, deberán ofrecer opcións de coliving como vivenda provisional. Ven que haberá máis posibilidades de habitar zonas rurais e que a sostiblidade e a calidade deben ser os eixes do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade