Caída das bolsas europeas e suba dun 7,5 % do petróleo polo conflito Israel-Irán
As bolsas caen e o medo a un aumento da tensión en Oriente Medio deriva na alza do precio do cru
A bolsa con maior caída foi a española
Tamén cae o prezo do euro un 0,40 %

As bolsas europeas comezaron o día deste venres con caídas superiores ao 1 %, con casos como o da española, que perdeu 13.900 puntos. Isto débese ao ataque de Israel sobre instalacións nucleares de Irán, que todo indica que terá represalias.
Minutos logo da súa apertura da sesión, a que máis cae é a española cun 1,81 %, seguida da de Milán (1,48 %), Frankfurt (1,38 %), París (1,12 %) e Londres sendo unha das que non supera o 1% pero que tamén sufriu unha caída.
A pesar disto, non todo foron caídas, pois o petróleo está na situación oposta.
Fortes alzas no prezo do cru
O cru do mar do Norte subiu 5,81 dólares no Intercontinental Exchange (ICE) con referencia ao xoves. Este ascenso responde, segundo os analistas, ao medo dunha escalada da tensión no Oriente Medio que poida alterar as subministracións do ouro negro.
Esta alza do petróleo é a máis importante dende o conflito onde Rusia invadiu Ucraína por primeira vez en febreiro de 2022. Tamén a propia moeda do euro se desvalorizou, caendo un 0,40 % dende onte, ata chegar a unha cifra de cambio de 1,154 unidades.