Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel intensifica a ofensiva en Gaza e manda novas ordes de desprazamento forzoso

Israel intensifica a ofensiva en Gaza e manda novas ordes de desprazamento forzoso

O exército xudeu anunciou unha campaña de bombardeos aéreos contra os últimos edificios que queden en pé na capital gazatí

Edificio alcanzado por un ataque hebreo na cidade de Gaza. REUTERS/Mahmoud Issa Edificio alcanzado por un ataque hebreo na cidade de Gaza. REUTERS/Mahmoud Issa
G24.gal 06/09/2025 12:33 Última actualización 06/09/2025 12:51

O Exército israelí enviou novas ordes de desprazamento forzoso ás poboacións de varios barrios na cidade de Gaza ante o inminente ataque que planea contra un edificio no que, asegura, hai "presenza de infraestrutura de Hamas".

"Aviso urxente aos residentes da cidade de Gaza nos bloques 726, 727 784, 786 e especificamente no edificio Al Ruya marcado en vermello e as tendas de campaña adxacentes, situadas na intersección de Beirut e a rúa da Universidade dos Estados Árabes", escribiu na súa conta de X.

As novas ordes chegan despois de que á primeira hora deste sábado o portavoz das tropas hebreas, Avichai Adraee, anunciara o establecemento dunha nova "zona humanitaria" en Jan Yunis, no sur da Franxa, para as persoas expulsadas do norte, malia estar xa ateigada.

"Residentes de (cidade de) Gaza, non presten atención ás afirmacións de Hamás, aproveiten a oportunidade para trasladarse á zona humanitaria canto antes e únanse aos miles que xa se trasladaron alí nos últimos días e semanas".

O exército xudeu xa advertira este venres que ía poñer en marcha unha campaña de bombardeos aéreos contra os últimos edificios que queden en pé na capital gazatí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade