Ruth Varela: "O estudio Oikos prestoue especial atención dos usos do mercado de Ourense"
A rehabilitación do estudio Oikos puxo en valor o espazo exterior do Mercado de Ourense, un edificio que estaba practicamente na ruína
O proxecto contemplaba tamén un aparcadoiro soterrado e unha superficie comercial
A dificultade foi xerar puntos de accesibilidade pola pendente do terreo cara ao río Barbaña e volver permitir a ventilación natural
Tempo agora para a Arquitectura con Ruth Varela que fala do proxecto de rehabilitación da praza de abastos de Ourense, dos arquitectos Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, do estudio Oikos.
O edificio do mercado estaba nunha situación ruinosa. Os arquitectos tiveron que lidar con cuestións técnicas, administrativas e orográficas, ademais de adecuar o espazo ao seu uso nun espazo de protección especial pola proximidade das Burgas.