Novas

Detidas tres persoas en Vilanova de Arousa nun operativo contra o tráfico de drogas
25/06/2025 16:06
Os axentes da Policía Nacional seguen investigando por máis posibles detencións

25/06/2025 16:03
O cadáver foi atopado no interior dun caldeiro do lixo en avanzado estado de descomposición, o que dificultou a identificación
A muller levaba desaparecida dende o mes de maio
Está previsto que o detido pase a disposición xudicial este xoves

Confirman a multa de 10.800 euros a Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso
25/06/2025 16:02
A Audiencia Nacional avala que o bico foi sen consentimento e con connotación sexual
Rexeita as coaccións e mantén a orde de afastamento e a indemnización á futbolista

O Supremo confirma que non amnistía a Puigdemont e abre a vía para que recorra ao Constitucional
25/06/2025 15:39
A Sala de Apelación ratifica a exclusión do delito de malversación da lei de amnistía
Puigdemont e Comín poden agora presentar recurso ante o Tribunal Constitucional

O TSXG confirma a sentenza de 23 anos de cárcere para o home que asasinou a súa parella na Coruña
25/06/2025 15:22
Foi declarado culpable dun asasinato consumado
Confirmouse que acoitelou a falecida co propósito de rematar coa súa vida

O Tribunal Constitucional avalará este xoves a lei de amnistía
25/06/2025 15:14
Considera que a norma está dentro da Constitución e non é arbitraria nin "froito dun capricho"
A lei da amnistía permitiría borrar a responsabilidade penal, contable e administrativa nas causas do procés entre 2011 e 2023
Esta sentenza marcará o camiño ao resto dos trinta recursos que non se debaterán ata despois do verán
O Supremo confirma que non amnistía a Puigdemont e abre a vía para que recorra ao Constitucional

O acusado de matar un matrimonio nun accidente de tráfico na Coruña culpa o condutor falecido
25/06/2025 14:54
Un axente declarou que a iluminación na zona era normal e a circulación, fluída
A Fiscalía pide para el cinco anos e medio de cadea

As luces de emerxencia V-16, obrigatorias a partir do ano que vén
25/06/2025 14:50
A partir do 1 de xaneiro do 2026 será obrigatorio levar este sinal luminoso no vehículo
Para que estean debidamente homologadas, cómpre que sexan os modelos que contan con xeolocalización

Un coche sen o freo de man derruba parte do valado do club militar de Pontevedra
25/06/2025 14:44
O condutor baixara para axudar outra persoa que non podía abrir o coche e esqueceu pór o freo
O sinistro deixou só danos materiais, malia que as pedras caeron preto da zona das piscinas

O Ministerio presentará este venres o informe do lobo ás comunidades autónomas
25/06/2025 14:34
Será nunha comisión sectorial para abordar a situación real desta especie
Galicia e outras 12 comunidades xa pediran coñecer a letra pequena do documento

Transportes estuda a implantación do servizo de proximidade en Galicia
25/06/2025 14:33
O secretario de Estado adianta o novo plan durante a inauguración da nova intermodal Daniel Castelao de Santiago, que comeza a operar este xoves

Ferrol volverá contar cos servizos dunha Cámara de Comercio
25/06/2025 14:25
Nos próximos días reabrirán as oficinas da antiga Cámara de Ferrol
Ofrecera apoio e asesoramento ao emprendemento e empresarios

Reclaman o arranxo dunha pasarela de madeira, único acceso a unha vivenda da Bola
25/06/2025 14:24
Está moi deteriorada por mor da podremia que afecta as táboas da infraestrutura

Moito coidado coa conservación dos alimentos para evitar intoxicacións no verán
25/06/2025 14:15
A suba das temperaturas favorece a proliferación de microorganismos
Para as comidas campestres é mellor elixir alimentos que non precisen moita refrixeración e non inxerir as sobras que se traen de volta para a casa

O TSXG absolve a parella de Nerea Añel do delito de homicidio por omisión
25/06/2025 14:15
O ditame do recurso destaca que se vulnerou a súa presunción de inocencia

Piden pasos de peóns en Caldas ante o alto risco para atravesar a N-550
25/06/2025 14:06
O Cruceiro e Casalderrique son dous puntos perigosos polo tráfico en que cruzan moitos viandantes, residentes e peregrinos

O Parlamento Europeo ratifica que é ilegal cobrar pola equipaxe de man nos avións
25/06/2025 14:01
Contradí o Consello dos Estados Membros, que propuxo autorizar o cobro
A OCU amósase satisfeita co ditame, que permite un vulto e unha maleta de cabina gratis

A Audiencia avala investigar se a asesora de Begoña Gómez favoreceu o seu "plan delituoso"
25/06/2025 13:57
Esta a ser investigada como posible participe en feitos que poderían constituír os delitos de tráfico de influencias e corrupción

Un mel galego sitúase entre os 30 mellores do mundo nun concurso nos Estados Unidos
25/06/2025 13:40
O mel gañador é o monofloral de castiñeiro de Dezabellas
O apicultor comezou hai uns dez anos con dúas colmeas e agora ten 120

Unha testemuña identifica o principal acusado de queimar dous autobuses en Vigo
25/06/2025 13:38
Unha condutora e o seu compañeiro sentimental sentan no banco dos acusados

25/06/2025 13:30
Os países da OTAN rubrican o seu compromiso para gastar o 5 % en defensa en 2035, nuha declaración na Haia sen ningunha excepción clara para países como España
"Hai un acordo sobre non estar de acordo (....) Eles pensan que poden alcanzar os obxectivos de capacidades cun 2,1 % do PIB; a OTAN di que ten que ser o 3,5 % como para todos os outros aliados", dixo Rutte sobre a posición de Sánchez

Sergio Carreira "prolonga o seu soño" tras renovar co Celta
25/06/2025 13:00
Carreira: "É unha tempada para gozar, isto non é habitual vivilo"

Un radar capta dous coches nun intervalo de 4 segundos a máis de 169 nunha zona a 80
25/06/2025 12:50
Os condutores non puideron ser identificados no lugar, mais si posteriormente, investigados como presuntos autores de senllos delitos contra a seguridade viaria

Feijóo e Abascal manteñen un "encontro informal" tras a sesión de control
25/06/2025 12:13
Fontes de Génova informaron que ambos os políticos comentaron o contexto político nacional e internacional

Cae o 'capo' da droga no Guadalquivir nun operativo con 17 detidos
25/06/2025 11:45
Desarticulouse unha das organizacións criminais máis activas dedicadas ao tráfico de cocaína a través deste río

O PP acusa a Díaz de manter un Goberno "corrupto", entre berros de "cómplice"
25/06/2025 11:41
"Queren converterme a min e a este espazo nun instrumento para tombar o Goberno, e voulles dar unha mala noticia: non o imos facer, imos seguir mellorando a vida do noso país", respondeu a vicepresidenta segunda

Carles Marco, novo adestrador do Leyma Básquet Coruña
25/06/2025 11:40
Chega procedente do Paris Basketball, onde exerceu como técnico asistente do brasileiro Tiago Splitter

Detida unha moza de 19 anos e a súa parella polo asasinato do seu avó en Gran Canaria
25/06/2025 11:14
A investigación comezou despois de que a irmá do falecido o atopase sen vida a primeira hora da mañá deste martes e avisase as autoridades
As pescudas dos axentes levaron á neta do home, quen confesou os feitos, e á súa parella, polo que foron detidos na xornada de onte polo homicidio

Javier Orbán será esta tarde o presidente da U. D. Ourense
25/06/2025 10:48
Orbán: "A medio prazo queremos consolidarnos e dar o salto"

Deteñen unha parella á que lle atribúen 51 roubos con forza en 9 localidades galegas
25/06/2025 09:58
Os asaltantes seguían empregaban sempre o mesmo método para os asaltos: fracturaban cristaleiras e accesos con tapas de sumidoiro ou martelos, subtraían a caixa rexistradora e fuxían rapidamente nun coche

O PIB crece un 0,6 % ata marzo e modera o seu avance interanual ao 2,8 %
25/06/2025 09:28
O INE revisa á alza o consumo privado e o investimento, pero estima agora un descenso do gasto público fronte á repunta estimada antes

España mantén o seu rexeitamento a máis gasto militar a pesar das presións de Trump e a OTAN
25/06/2025 09:05
O secretario xeral da OTAN Mark Rutte asegurou este mércores que non está preocupado sobre un eventual fracaso do cumio pola negativa de España a subir o gasto en defensa ao 5 % do PIB

Un home asasina a súa muller e o seu fillo de dous anos en Algemesí, Valencia
25/06/2025 08:43
A nai da falecida, que convivía con ela e co seu neto, foi a que alertou as autoridades de que se estaba producindo unha agresión
Os axentes atoparon os corpos falecidos da muller, de orixe venezolana e de 43 anos, e do menor, ao que intentaron reanimar sen éxito

Morre unha muller ao ser atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade
25/06/2025 08:33
No incidente participaron Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, o Corpo de Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil

25/06/2025 08:30

Rueda anuncia unha nova estratexia galega de enfermidades raras en xullo
25/06/2025 08:18
Reprochou a Besteiro que siga "tentando tapar as vergoñas do Goberno central", que só atende ás necesidades "cada vez máis inconfesables, máis bochornosas e impresentables" de Sánchez, un presidente "escondido da prensa, da xente e do Parlamento"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, respondeu con referencias ao caso Koldo e ao Goberno que "con diñeiro público repartira as mulleres coma se fosen mercadoría", ao ser acusado pola líder da oposición, Ana Pontón, de "normalizar" a situación de violencia machista

Osíxeno para Banco Sabadell, por Venancio Salcines
25/06/2025 08:03

Risco alto de treboadas para este mércores
24/06/2025 22:21

Viveiro acollerá 120.000 persoas nun Resurrection Fest cun impacto económico millonario
24/06/2025 20:49
O maior festival de metal, punk, rock e hardcore do sur de Europa fai 20 edicións

24/06/2025 20:31