Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento Europeo ratifica que é ilegal cobrar pola equipaxe de man nos avións

O Parlamento Europeo ratifica que é ilegal cobrar pola equipaxe de man nos avións

Contradí o Consello dos Estados Membros, que propuxo autorizar o cobro 

A OCU amósase satisfeita co ditame, que permite un vulto e unha maleta de cabina gratis

G24.gal 25/06/2025 14:01

Se preguntamos aos pasaxeiros, a resposta é unánime: a equipaxe de man, entendida como un bolso pequeno e unha maleta de cabina, debería ser gratuíta.

En Bruxelas non o teñen tan claro. O Parlamento Europeo ratifica que cobrar a maleta de cabina é ilegal, pero o Consello dos Estados Membros propuxo hai unhas semanas autorizar o cobro.

O ditame da Eurocámara ten que ir a pleno antes da negociación definitiva, prevista para despois do verán. Pero, polo de agora, a OCU fala dunha gran noticia para os consumidores.

"Estamos moi satisfeitos. A Comisión de Transporte do Parlamento establece que os consumidores poderemos levar sen ningún custo adicional un artigo pequeno de 40x30x15 e unha maleta de cabina de non máis de sete quilos", explica Kepa Loizaga, voceiro da OCU.

España foi pioneira nesta loita impoñendo unha multa de 179 millóns de euros a cinco aeroliñas acusadas de cobrar de xeito indebido polos vultos que subimos ao avión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade