A Xunta destinará 3,7 millóns de euros para que os concellos impulsen a recollida separada do lixo doméstico
A Xunta destinará 3,7 millóns de euros para que os concellos impulsen a recollida separada do lixo doméstico
Este ano 105 concellos resultaron beneficiarios das axudas para proxectos relacionados con biorresiduos, aceites usados e residuos téxtiles e que se saldaron cun total de 8,1 millóns de euros concedidos
O concello de Lalín acaba de poñer en marcha a campaña Eu son do marrón
Empezará a implantar dentro do termo municipal o contedor específico para depositar os biorresiduos
A Xunta destinará un total de 3,7 millóns de euros o próximo ano para apoiar os concellos no impulso de proxectos para a recollida separada dos chamados biorresiduos, é dicir, a parte orgánica do lixo doméstico e para a formación e sensibilización da poboación na xestión correcta destes refugallos.
Así o destacou esta mañá en Lalín a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, quen visitou o municipio pontevedrés por ser un dos 105 concellos que resultaron beneficiarios este ano das axudas para proxectos relacionados con biorresiduos, aceites usados e residuos téxtiles e que se saldaron cun total de 8,1 millóns de euros concedidos.
O concello de Lalín acaba de poñer en marcha a campaña Eu son do marrón. Empezará a implantar dentro do termo municipal o contedor específico para depositar os biorresiduos, ademais de promover distintas accións a pé de rúa e en colexios para concienciar a cativada e os adultos sobre a importancia de separar correctamente o lixo doméstico.