Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Marco, novo adestrador do Leyma Básquet Coruña

Carles Marco, novo adestrador do Leyma Básquet Coruña

Chega procedente do Paris Basketball, onde exerceu como técnico asistente do brasileiro Tiago Splitter

G24.gal 25/06/2025 11:40 Última actualización 25/06/2025 11:45

O catalán Carles Marco será o substituto de Diego Epifanio no banco do Leyma Básquet Coruña, ao que chega procedente do Paris Basketball, onde exerceu como técnico asistente do brasileiro Tiago Splitter.

Carles Marco é un adestrador ao que lle gusta o xogo alegre, dinámico e divertido para o espectador, e de transicións rápidas baseadas nunha defensa agresiva. Dálle moito valor a poder defender moi forte e físico, para así poder conseguir transicións tras rebote defensivo, tras canastra”, destaca o club no seu comunicado.

O xa adestrador do conxunto laranxa arrincou a súa carreira nos bancos na tempada 2012-13 como adestrador axudante do Manresa na liga Endesa. Tras catro tempadas na entidade catalá, no curso 2015-16 converteuse no primeiro adestrador do Oviedo Club de Baloncesto, co que gañou a Copa Princesa e disputou as semifinais do playoff de ascenso a Liga Endesa na súa última tempada. Posteriormente, Marco enrolouse no Palencia antes de recalar en Bàsquet Xirona para dirixir ao equipo catalán na súa primeira tempada na LEB Oro (2020-21).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade