Novas
Novas
A Axencia Tributaria permitirá pagar a declaración da renda por Bizum
24/10/2024 12:13
A directora xeral da Axencia Tributaria, Soledad Fernández, explicou que espera "ter operativas" para a próxima campaña da renda tanto a posibilidade de pagar vía Bizum como con novas funcionalidades de pago con tarxeta bancaria
"Ela di que se pasaron, que como o deixaron, e el dille: 'Dáme igual, era un maricón de merda'"
24/10/2024 12:05
Testemuñas que relatan a conversa entre dous dos principais acusados a noite do asasinato de Samuel din que asistiron a unha conversa "alterada"
Os menores condenados por este crime alegan que só lembran unha "disputa"
O Comité Galego de Adestradores premia a Claudio Giráldez
24/10/2024 11:47
O recoñecemento da Federación Galega de Fútbol é polo seu labor a pasada campaña
Ascenden a 10 os detidos no operativo contra narcotráfico na Costa da Morte e O Salnés
24/10/2024 11:33
A actuación segue aberta e non se descartan novos arrestos
Este vernes está previsto que os detidos pasen a disposición xudicial
Marlaska di que nunca sospeitou que Ábalos puidese estar nun "negocio turbio"
24/10/2024 11:33
O ministro de Interior asegurou no Senado que ninguén do seu departamento tivo "vinculación" coa trama do caso Koldo
O Goberno pecha filas co presidente ante a esixencia do PP para que dimita
Catro detidos por lanzar unha campaña racista contra Vinicius no Atlético-Real Madrid
24/10/2024 11:13
Aos arrestados impútaselles un presunto delito de incitación ao odio e non se descartan máis detencións
A campaña animaba a acudir ao Metropolitano con máscara para evitar ser identificado e poder lanzar así mensaxes vexatorias e discriminatorios contra o dianteiro do Real Madrid
Rifa entre Santalices e Paula Prado tras chamarlle Lara Méndez "ditador que ditaba" a Feijóo
24/10/2024 10:50
O presidente do Parlamento ordenoulle á deputada socialista que retirara o termo, que empregara previamente a popular Celia Vázquez para referirse a Pedro Sánchez
Prado considera que Méndez atentou "contra o decoro" do seu grupo e encarouse con Santalices por non darlle a palabra no pleno
A Xunta propón actualizar o plan de normalización e medidas pra mellorar o uso social do galego
24/10/2024 10:42
Mantivo unha reunión co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, para explicarlle cal vai ser o proceso de negociación que empezará coa presentación dun "documento de traballo" aos grupos con propostas "razoables"
O conselleiro considerou que o maior problema que ten o galego hoxe en día é o do uso social e a situación actual pódese resumir en que "os nenos entran na escola falando galego ou aprenden galego na escola e socializan en castelán"
O PSOE pide consenso social e o BNG demanda a derrogación do decreto do bilingüismo
A Garda Civil desarticula un grupo criminal que realizaba a estafa do fillo en apertos
24/10/2024 09:45
O grupo criminal, formado por doce persoas implicadas, logrou estafar 19.000 euros
Aos procesados atribúenselles delitos de estafa, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal
Ayuso afirma que España é xa un Estado policial con dereitos civís restrinxidos
24/10/2024 09:02
Segundo a presidenta madrileña, a xudicatura, a policía, as grandes institucións públicas están tomadas por políticos, destaca a Comunidade de Madrid nunha nota
Ayuso dixo: "Un cidadán particular ve partida e convenientemente publicada a súa declaración de Facenda, con escarnio, algo que é completamente ilegal, por ser o mozo dunha adversaria política"
Suspendidos os servizos médicos de emerxencia no norte de Gaza
24/10/2024 08:36
Desde hai quince días, o exército hebreo ataca directamente as ambulancias e os equipos de rescate
A Defensa Civil da Franxa de Gaza pídelles ás organizacións humanitarias e á Cruz Vermella que interveñan "antes de que sexa demasiado tarde"
O alugeiro non require de populismos, por Venancio Salcines
24/10/2024 08:09
Aviso á tarde por mar de vento no noroeste da Coruña
24/10/2024 08:00
23/10/2024 23:13
23/10/2024 23:08
O Racing continúa como líder sólido da categoria e gaña con dous goles no treito final
Raphinha fai unha 'flickligrana' con tres goles ao Bayern
23/10/2024 22:15
O brasileiro liderou a goleada do Barcelona (4-1) ao exequipo do seu adestrador
O Atlético perdeu co Lille por 1-3 cun penalti moi polémico
Traballo ofrecerá axudas directas a empresas por reducir a xornada
23/10/2024 22:05
O ministerio di que esta será a "última oferta" e que a fará na próxima mesa de negociación o día 29 de outubro
Unha fronte chega a Galicia a partir do mediodía
23/10/2024 21:59
Polanski evita un xuízo por violación a unha menor grazas a un acordo previo
23/10/2024 21:40
A demanda presentouse en 2023, pero non é a primeira vez que fai fronte a un caso similar
Nos últimos anos, outras catro mulleres acusárono de agresión sexual e violación
A Xunta potenciará liñas que permitan ás empresas unha formación flexible e á carta
23/10/2024 21:37
O conselleiro de Emprego, José González, insistiu na importancia de cubrir vacantes e potenciar a competitividade do tecido empresarial
O Baxi Ferrol continúa con paso firme na Eurocup Women
23/10/2024 21:25
Derrotou o equipo dos Azores con claridade nun partido marcado polo parcial inicial de 20-0
23/10/2024 21:10
O Zaragoza acaba gañando logo dun partido cheo de alternativas
Deteñen en España os líderes da banda criminal Los Tiguerones de Ecuador
23/10/2024 21:03
As forzas de seguridade atribúen a esta organización "moi violenta" 250 asasinatos en seis meses
O aumento do tráfico na Cañiza polo peche do túnel molesta os peóns pero favorece a hostalería
23/10/2024 20:56
Reabriu na tarde deste mércores o túnel en sentido Ourense, e a medianoite pecha en sentido Vigo
A previsión é que o domingo a circulación recupere a total normalidade neste treito da autovía
A Xunta fará unha proposta "ambiciosa" sobre o galego e pide consenso entre os grupos
23/10/2024 20:33
José López Campos, conselleiro de Cultura e Lingua, asegurou que é unha "oportunidade importante", polo que "non é momento de reproches nin de botar en cara nada"
Sur-suroeste moderado dende ao Arco Ártabro a Oia
23/10/2024 20:30
Descobren un lago subterráneo no Courel, dentro da cova máis profunda do país
23/10/2024 20:28
Uns 40 espeleólogos exploraron máis de dous quilómetros de galerías na sima de Aradelas
Ata esta campaña, apenas se coñecían 300 metros de cavidades na gruta courelá
A xuíza abre unha nova investigación ao mozo de Ayuso
23/10/2024 19:48
Pescuda se utilizou unha sociedade para incorrer noutros delitos ademais dos de falsidade documental e delito contra a Facenda pública que se investigan noutra peza
O Supremo confirma a multa a Isabel Rodríguez por non ser neutral en período electoral
23/10/2024 19:47
Mantén a multa de 4.700 euros por declaracións cando era voceira do Goberno
A sanción da Xunta Electoral produciuse en vésperas das eleccións municipais do 2023
Deportivo e Rácing queren saír do perigo nos seus partidos como visitantes
23/10/2024 19:36
Este xoves o Deportivo viaxa ao campo do Levante (19:00 horas) e o Rácing xogará no do Burgos (21:00)
O G7 acorda dar a Ucraína 50.000 millóns de activos rusos en préstamos
23/10/2024 19:35
Os EUA achegarán 20.000 millóns, e os outros 30.000 serán emitidos pola Unión Europea, o Reino Unido, O Canadá e O Xapón
O Congreso esixe investigar a corrupción tras apoiar aliados do Goberno unha moción do PP
23/10/2024 19:25
O apoio de BNG, PNV e CC serviu para pedir a apertura de novas investigacións e auditorias internas sobre o caso Koldo
O PSOE perde oito votacións no Pleno do Congreso, o seu récord nun día, e xa acumula 48 derrotas
O Celta pensa no Leganés coa enfermaría en mínimos
23/10/2024 19:23
Aspas e Moriba regresan co que a única ausencia para Claudio Giráldez é a de Luca de la Torre
Buscan na costa de Fisterra unha menor de 14 anos de Ordes desaparecida desde o martes
23/10/2024 19:15
O seu teléfono situábaa nesa zona a última vez que falou cunha amiga
Feijóo pide a dimisión de Sánchez: "Non hai cortalumes posible" contra a corrupción
23/10/2024 18:41
O líder popular cre que o que está a acontecer é algo "sen precedentes na democracia española"
Envorca un camión na A-52 en Ourense e o condutor dá positivo en alcol e drogas
23/10/2024 18:39
Foi ao seu paso por Toén, nun carril de acceso á autovía, que quedou cortado
Angels Barceló, 'La revuelta', Estopa e 'La mesías', Premios Ondas 2024
23/10/2024 18:38
Entregaranse nunha gala que terá lugar o próximo 14 de novembro no Gran Teatre do Liceu
Israel acusa seis xornalistas de Al Jazeera en Gaza de ser "axentes" de Hamas
23/10/2024 17:56
O exército asegura que atopou documentos no enclave, que supostamente probarían a súa relación coas milicias palestinas
Acúsaos de ser "altofalantes da propaganda de Hamas" a través desta canle de televisión qatarí, que está prohibida en Israel desde o mes de abril
Sánchez reafirma que non cesou a Ábalos porque coñecese algunha actividade ilícita
23/10/2024 17:26
Insistiu en que o cesamento de Ábalos foi para dar un "impulso" ao Executivo tras a pandemia, despois de que a UCO mencionara no seu informe unha discusión entre ambos tras a visita errada da vicepresidenta venezolana, Delcy Rodríguez