Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Santiago .

Santiago


Foto @CBBreogan

Sergi García ficha polo Breogán mentres que Laurynas Birutis deixa o Obradoiro

10/06/2022 17:21

Sergi García formou parte do Gran Canaria na pasada tempada

Birutis volve xogar co Zalguiris


Dous traballadores quedan feridos graves ao derrubarse un escenario que se estaba montando para O Son do Camiño

10/06/2022 12:50

O presidente da Xunta confía en que se poida celebrar O Son do Camiño

Todos os afectados, seis en total, catro deles leves, foron trasladados ao hospital

Os catro feridos leves foron dados de alta

No momento do suceso, do que se investigan as causas, había unhas 20 persoas traballando na estrutura


Nadia Calviño foi entrevistada no informativo 'Bos días' da Televisión de Galicia

Nadia Calviño: "Non vemos risco de espiral inflacionista, por iso pido un pacto sobre os salarios"

10/06/2022 09:04

"Se as cousas se fan ben, Galicia pode ter un papel moi importante no plan de recuperación", asegura a ministra

Sobre Alxeria, Calviño destacou que "é moi lamentable ver esta reacción por parte dun dos nosos veciños, cos que hai que ter unha relación extraordinaria e temos todo o interese e estamos dispostos a reconducir esta situación"


A Feira Galicia Escena Pro busca dar visibilidade ao sector escénico galego

09/06/2022 20:47

Entre os seus obxectivos tamén está poñer en contacto as compañías cos programadores de espectáculos


A galega Nuria Rábano vai fichar polo F. C. Barcelona

09/06/2022 12:25

A xogadora do Milladoiro militou as dúas últimas campañas na Real Sociedade e antes no Deportivo


Investigada unha veciña de Boiro por envelenar o seu can ata matalo

09/06/2022 09:53

Efectivos do Seprona atoparon o can mentres convulsionaba, tiña diante un comedeiro con veleno estaba tirado no chan e atado a unha árbore cunha cadea sen colar

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como suposta autora dun delito de malos tratos de animais con resultado de morte


Unha nova parada de bus ocasiona problemas a unha familia de Portosín

08/06/2022 21:36

Din que lles limita o acceso ao garaxe e que na vila hai sitios máis seguros para colocala

Ao non chegar a ningunha solución co concello, o caso xa está na Valedora do Pobo


Arde un coche na autoestrada AP-53 Ourense-Santiago

08/06/2022 20:46

Malia a aparatosidade do lume non hai que lamentar danos persoais

Categorías:  Dozón   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  AP-53

Publicidade
Publicidade