O escritor Eduardo Mendoza, premio Cervantes, avoga pola importancia da literatura no ensino
Visitou Santiago para reunirse cos alumnos do Colexio Peleteiro
Concedeu unha entrevista á Galega no informativo Bos Días
A pandemia atrasou dous anos a cita de Eduardo Mendoza e os estudantes dun colexio de Compostela. Coincidindo con ese encontro aprazado o escritor catalán concedeunos unha entrevista en exclusiva no Bos días da Televisión de Galicia.
Os seus 79 anos, despois de médio século de éxitos literarios, Eduardo Mendoza di que está pensando en deixar de escribir novelas aínda que publicou a última hai só un ano. Entende a literatura como un diálogo co lector.
"Hai que establecer unha relación case de amizade. Como se fai iso? Non o sei. Eu lanzo o libro e teño a impresión de que conquistei a alguén"
Falou da súa relación literaria con Barcelona, onde están ambientadas a maior parte das súas novelas.
"Era unha cidade practicamente como un campo sen cultivar e quedei con el todo para min"
Considera que a literatura non ten a importancia que debería no ensino. E láiase dos constantes cambios na educación en España.
"Cada tres ou catro anos cámbiase por completo o sistema educativo, e iso non pode ser bo. E iso quizas sexa parte desa continúa revisión que estamos facendo de nós mesmos, da nosa identidade"
Non todos os días se poden recibir os consellos dun premio Cervantes como estes estudantes do colexio Peleteiro de Santiago. Para escribir ben, explica Mendoza, hai que facelo primeiro mal e despois corrixilo. Non hai outro segredo, aprender coa práctica.