Segunda xornada de folga no ensino, con concentracións e encerros de profesores
A Xunta de Galicia situou nun 12,9% o seguimento da folga de docentes nos centros galegos durante a xornada deste mércores
Reclaman máis investimentos para a educación pública, con máis docentes, menos horario lectivo e baixar o número de alumnos por aula
Segunda xornada da folga do profesorado en Galicia, convocada pola CIG e o Sindicato de Traballadores do Ensino.
Este mércores trasladaron as mobilizacións ás delegacións territoriais da Xunta nas catro provincias. E un cento de profesores pasaron a noite pechados en varios colexios para dar máis visibilidade á protesta. Reclaman máis investimentos para a educación pública, con máis docentes, menos horario lectivo, baixar o número de alumnos por aula e unha mellora na atención á diversidade.
A Xunta de Galicia situou nun 12,9% o seguimento da folga de docentes nos centros galegos durante a xornada deste mércores, que dá continuidade ao paro iniciado o martes. No seu primeiro día, a Consellería de Educación apuntou a un seguimento do 13,6%.