A Xunta presenta no SIMO Educación o modelo educativo dixital galego
Galicia contará desde o próximo ano coa primeira lei de España de educación dixital
O novo modelo aplicará a intelixencia artificial na gobernanza do sistema educativo e xerará por primeira vez un expediente dixital integrado para cada alumno
A Xunta presenta no Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa, SIMO, que se celebra en Madrid, o modelo educativo dixital galego.
Galicia contará desde o próximo ano coa primeira lei de España de educación dixital, que regulará o uso das novas tecnoloxías na aula priorizando o benestar da comunicade educativa.
Un modelo que aplicará a intelixencia artificial na gobernanza do sistema educativo e grazas o que se vai xerar por primeira vez, un expediente dixital integrado para cada alumno. Farase a través do proxecto EdugalIA. Esta iniciativa é a primeira en captar fondos compra pública innovadora, un total de 10 millóns que se sumarán aos 6.6 que achega o Goberno Galego.
A contratación do sistema sairá a concurso nos próximos meses.O conselleiro de Educación visitou o expositor que o Goberno galego ten na feira e no que se amosan os proxectos Polos Creativos, Ágora Dixital, E-Dixgal o cREAgal.