Publicador de contidos

Publicador de contidos

Editoriais e librerías achegan as novidades na Semana do Libro de Compostela

Editoriais e librerías achegan as novidades na Semana do Libro de Compostela

Conversas, concertos, recitais, obradoiros e paseos literarios completan a oferta 

A cita é na praza da Quintana ata o vindeiro domingo, 12 de outubro

G24.gal 05/10/2025 20:33 Última actualización 05/10/2025 21:17

Santiago é berce e inspiración de moitos creadores e está chea de recunchos nos que gozar dun libro. Aínda máis estes días, coa cita anual de libreiros e editoriais.

A Semana do Libro de Compostela (SELIC), que se inaugurou o venres 3, propón gozar deles non só en papel senón tamén en recitais, conversas, paseos literarios ou obradoiros.

"Ten a cerna posta en cuestións humanísticas, cuestións relacionadas coa cidadanía e co libro e a lectura de fondo. Procuramos facer unha programación que tivese en conta todo iso. Hai cuestións relacionadas con xénero, coa enfermidade, coa memoria histórica..."

Os mundos que uns crearon e os que gozan deles danse cita estes días no corazón da cidade histórica.

"Mostra un pouco a escena da propia cidade. A escena das librarías independentes e das editoras independentes de pequeno tamaño en contacto coa propia cidade e coa cidadanía que nos visita".

"Viñemos un pouco a descubrir, a ver como funcionaba... Ver libros na nosa lingua e poder desfrutar desa literatura tamén".

"Atopar esta praza chea de libros e chea de actividades que teñen que ver cos libros é moi enriquecedor para todo o mundo".

"Quedei asombrada con todo o que había por aquí".

E para os que queiran deixarse levar polas propostas da feira, a praza seguirá chea de historias aínda ata o día 12.

A xornalista e poeta Marga Tojo fíxose co premio SELIC de creación literaria deste ano coa súa novela negra Sarela.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade