Cargando resultados...
Abre as súas portas no Monte do Gozo o novo centro de día para persoas con trastorno do espectro autista
Abre as súas portas no Monte do Gozo o novo centro de día para persoas con trastorno do espectro autista
O Goberno galego achegará 450.000 euros anuais para o seu funcionamento
G24.gal
30/03/2022 14:45
Abre as súas portas no Monte do Gozo o novo centro de día para persoas con trastorno do espectro autista. Coordinado por Aspanaes, conta con servizos de formación e terapia para 50 usuarios para avanzar na súa autonomía e integración social.
O Goberno galego achegará 450.000 euros anuais ao seu funcionamento. A apertura chega a uns días da celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.