Publicador de contidos

Publicador de contidos

Page tras o Comité Federal do PSOE: "Teñen máis medo á crítica que aos chourizos"

Page tras o Comité Federal do PSOE: "Teñen máis medo á crítica que aos chourizos"

Novo choque entre o presidente de Castela-A Mancha e o ministro de Transportes, Óscar Puente

Ministros próximos a Paco Salazar afirman que non tiñan ningún coñecemento do presunto acoso sexual

G24.gal 07/07/2025 14:50

O PSOE estrea unha nova executiva coa misión de batallar en dous flancos: por un lado, o da corrupción, e polo outro o do machismo, con dúas mulleres á fronte: Rebeca Torró como secretaria de Organización e Montse Mínguez nova voceira.

Na súa primeira conferencia de prensa, a nova portavoz definiu o comité federal do sábado pasado como "o máis feminista dos últimos anos". E é que xa arrancou sacudido cunha nova polémica: as denuncias públicas por acoso sexual contra Paco Salazar, unha persoa da máxima confianza de Pedro Sánchez, tanto no partido como na Moncloa.

Nunha entrevista en Onda Cera, Óscar López, ministro para a Transformación Dixital, asegurou que tivo "unha excelente relación" con Paco Sálazar, pero que "nunca na vida oíra nada diso".

En termos semellantes pronunciouse en TVE Oscar Puente. O ministro de Transportes dixo que "xamais" lle oiu a ninguén "dicir nada" e cualificou de "impresentable" a aquel que "o soubese e calou".

Na reunión do sábado tamén saltaron chispas con Emiliano García-Page, que este luns insistía nas críticas a Pedro Sánchez. Na súa opinión, "os mellores capitáns son os que evitan que se afunda o barco", en referencia ó discurso pronunciado polo secretario xeral. Para o presidente de Castela-A Mancha, "teñen máis medo á crítica que aos chourizos".

Este luns houbo un novo choque de declaracións co ministro Óscar Puente. 

"Se o señor García-Page tivese algunha vez un proxecto para o partido que concitara unha parte significativa dos que formamos parte del, supoño que tería presentado a candidatura, pero non o fixo", dixo o titular de transportes en TVE. 

Pola súa banda, García-Page cre que "a inmensa maioría do partido non pensa o que Óscar Puente" e insiste en que non vai defender "un partido que se vanagloria de ter un puto amo".

Besteiro non comparte a posición de Page

O líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, non comparte a posición de García-Page, que cualifica de "absolutamente minoritaria", e cre que Pedro Sánchez recibiu un "apoio cerrado" no Comité Federal.

Pero tamén hai voces críticas no PSdeG. O exsecretario xeral Gonzalo Caballero asegurou, nunha entrevista na TVG, sentirse "escandalizado" ante as últimas noticias do seu partido e pídelle "á cúpula que se rexenere". Tamén acusou o exsecretario de Organización Santos Cerdán de interferir nas primarias galegas e de "patrocinar" o seu relevo á fronte da federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade