Feijóo afirma que a súa sucesión se resolverá "en semanas"
O debate foi arredor do futuro na presidencia da Xunta, incógnita que os portavoces do BNG e PSdeG reclamaron que se desvele
Feijóo destacou que a súa decisión de non compaxinar cargos "é firme", pero apelou a pechar o seu período de "reflexión" para unha sucesión que encadrou en "semanas"
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou contra a política tributaria do Goberno central na súa primeira sesión de control no Parlamento galego como novo líder nacional do Partido Popular.
Unha intervención en que repeleu as reclamacións dos grupos da oposición para que aclare cando se producirá a súa saída da presidencia da Xunta, un paso que Feijóo situou en "semanas".
"Non vou roubar un minuto a Galicia", asegurou o presidente da Xunta na súa primeira aparición na política autonómica tras o Congreso extraordinario do PP celebrado a pasada fin de semana en Sevilla.
O debate foi arredor do futuro na presidencia da Xunta, incógnita que os portavoces de BNG, Ana Pontón, e PSdeG, Luís Álvarez, reclamaron que se desvele porque "Galicia non pode ter un goberno en suspenso" na "peor crise de prezos dos últimos 40 anos".
Feijóo destacou que a súa decisión de non compaxinar cargos "é firme", pero apelou a pechar o seu período de "reflexión" para unha sucesión que encadrou en "semanas". "Non vou tomar o tempo que vostede tivo", respondeu a Pontón, en alusión ao proceso de reflexión que abriu a nacionalista sobre o seu liderado entre agosto e outubro do pasado ano.
Na sesión de control no Parlamento de Galicia, Feijóo retomou as súas críticas á política impositiva do Goberno de Pedro Sánchez, ao que situou entre os peores da Unión Europea en política económica e ao que volveu a pedir que cumpra coa baixada de impostos acordada na Conferencia de Presidentes celebrada na Palma.
Minuto a minuto
Comeza a sesión de control ao presidente da Xunta
O voceiro do PSdeG dille a Feijóo que a situaicón de galicia "é preocupante"
Álvarez: "Que fixo vostede para paliar as consecuencias da crise derivada da guerra en Ucraína?"
O presidente da Xunta respóndelle ao voceiro socialista
Feijóo di que Galicia é a comunidade onde máis converxeu en renda de toda España dende o ano 2010 ao 2020
Feijóo: "Pido que nunca se copie o actual Goberno de España".
Feijóo, a Álvarez: "Levamos dous consellos tomando decisións. Vostedes, creando folgas e conflitos".
Feijóo: "Cumprir os pactos significa baixar os impostos".
Álvarez respóndelle ao presidente da Xunta
Luís Álvarez: "Estou ben aquí, vostede non".
Álvarez: "Xa veremos como remata este pleno e se temos algún anuncio".
Álvarez: "A quen debo dirixirme, ao señor Rueda?"
Feijóo respóndelle ao voceiro socialista
Feijóo dille a Álvarez que está a facer campaña a favor do PSOE no Parlamento de Galicia
Feijóo a Álvarez: "Os galegos pagan 400 euros menos de renda que cando gobernaban".
Ana Pontón formúlalle a súa pregunta a Feijóo
Pontón felicita a Feijóo por ser o novo presidente do PP
Pontón dille a Feijóo que non adoptou ningunha medida de calado aos problemas do país
A voceira nacionalista manifesta que non sabe se esta será a última sesión de Feijóo no Parlamento e que o novo presidente da Xunta será nomeado a dedo.
Feijóo a Pontón: "Deixe de enganar a xente".
Feijóo dille a Ana Pontón que decidiu non compaxinar a presidencia da Xunta coa do PP
Pontón: "Ven aquí a cavar os seus últimos momentos como presidente da Xunta".
Pontón: "Nós non temos que escoller porque sempre estivemos en Galicia".
Feijóo contéstalle a Ana Pontón
Feijóo: "Levo 72 horas como presidente do PP e nin sequera podo reflexionar?".
Feijóo: "Por que cre que entendo que ser presidente da Xunta ten que ser a tempo completo sen perder ningún minuto? Porque lle teño respecto a Galicia".
Feijóo a Pontón: "Vaia preparando o debate de investidura porque nese debate un compañeiro do PP e este grupo elixirá o presidente e vostede perderá outra vez o debate de investidura".
Remata a sesión de control ao presidente da Xunta