Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigación de alto nivel feita desde Galicia: o CiQUS fai dez anos

Investigación de alto nivel feita desde Galicia: o CiQUS fai dez anos

O director do centro compostelán defende que Galicia pode "xogar na Champions" da investigación

G24.gal 30/03/2022 14:17

O Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago fai dez anos. Para celebrar este aniversario organiza un simposio internacional ao que asiste o premio Nobel de Química David McMillan

Na inuguración deste encontro, que acolle o Edificio Fontán da Cidade da Cultura, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o alto nivel dos oito centros de investigación adscritos ás universidades galegas. Actualmente no CiQUS traballan 180 investigadores. O director do centro, José Luis Mascareñas, tamén destacou a excelencia da investigación que se fai en Galicia.

"Nestes dez anos o CiQUS consolidouse como un centro de investigación destacado e unha referencia a nivel internacional e nacional. E o máis importante, xunto con outros centros, creo que demostramos que desde Galicia tamén se pode xogar e competir na Champions", dixo Mascareñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade