Cargando resultados...
O BNG reclama unha nova escola de idiomas para a cidade de Santiago
Ana Pontón visita a Escola Oficial de Idiomas polo seu vixésimo aniversario

G24.gal
07/04/2022 15:42
O BNG reclama unha nova escola de idiomas para a cidade de Santiago. A portavoz nacional, Ana Pontón, visitaba o centro, do que foi alumna, polo seu vixésimo aniversario. 33.000 alumnos pasaron por esta escola, que necesita, dixo Ana Pontón, de máis espazo para ampliar e mellorar a súa oferta educativa.
Ana Pontón. Portavoz nacional do BNG: "Imos impulsar un debate para Santiago conte cunha escola de idiomas a altura do que se necesita, que permita ampliar o número de linguas que se ensinan e facelo nunhas condicións que dean maior calidade."