Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump visita en Texas a zona afectada polas inundacións da semana pasada

Trump visita en Texas a zona afectada polas inundacións da semana pasada

Morreron polo menos 120 persoas e outras 161 seguen desaparecidas 

Donald Trump visitou a zona afectada, acompañado pola súa muller
G24.gal 12/07/2025 14:31 Última actualización 12/07/2025 19:44

O presidente dos Estados Unidos visitou a zona de Texas afectadas polas devastadoras inundacións da semana pasada, nas que morreron polo menos 120 persoas. Donald Trump asegurou que nunca vira algo así.

O mandatario norteamericano dixo que ten visto as consecuencias de moitas inundacións e furacáns, pero nunca algo coma o que viu no condado texano de Kerr.

Nesa zona, as chuvias que caeron o 3 e o 4 de xullo deixaron tras de si polo menos 120 mortos, entre os que hai 27 menores. Outras 161 persoas seguen desaparecidas. Os danos materiais son incalculables.

Rexeita as críticas ao sistema de alertas

Donald Trump gabou a resposta dos servizos de rescate, e rexeitou as críticas ao deficiente sistema de alertas á poboación neste tipo de situacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade