Comunidades gobernadas polos socialistas rexeitan o financiamento 'singular' de Cataluña
O Partido Popular di que Sánchez o utiliza como moeda de cambio para seguir na Moncloa
Esquerra Republicana considérao un avance, pero insuficiente
Esquerra Republicana di que o pacto entre o Goberno e a Generalitat recolle avances respecto o acordado pola formación co PSC no seu día para permitir a investidura de Salvador Illa. Di que a música soa ben, que supón avances pero ainda insuficientes.
"O país necesita máis, necesita máis concreción e menos escenificación", apunta o voceiro de ERC.
Pero o pacto xerou críticas en presidentes autonomicos dun e outro signo político.
"Desde a comunidade de Madrid negámonos a asinar esta sentenza de morte contra España", dixo Díaz Ayuso.
Ao rexeitamento unánime das comunidades gobernadas polo PP sumouse Castela A Mancha e Asturias, con gobernos socialistas.
"Só faltaría que vaimos a un modelo no que en vez de que o Estado redistribúa e reparta sexan as comunidades autónomas as que repartan e o Estado o que mendigue", apuntou García-Page.
"O que afecta a todas as comunidades autónomas debe negociarse entre todas as comunidades autónomas", apuntaba o voceiro do Principado de Asturias.
Sumar ve con vos ollos un cambio cara un modelo federalistas. E desde a dirección do PSOE e o executivo central ven unha oportunidade para negociar un novo sistema de financiamento.
"Debemos avanzar para que as comunidades autónomas, estén mellor financiadas. Todas, Cataluña e o resto. Pero o problema e que dubido que no PP teñan unha única voz", dixo o ministro Óscar López.
"Cota secesionista"
O Partido Popular e as comunidades nas que gobernan rexeitan o acordo de financiamento non descartan acudir aos tribunais e mesmo ao Constitucional. O que cualifcan os populares como a "cota secesionista" é un parche, din, abocado ao fracaso, unha moeda de cambio para manter a Sánchez na Moncloa.
"Os recursos de todos non poden estar repartidos por unha minoria. Os cartos de todos os españois non están para financiar o tempo no Goberno de ningún presidente do Goberno", asegurou o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo.
O actual sistema de financiamento autonómico leva case doce anos caducado.