Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ADN de José Luis Abet está na arma do triplo crime de Valga

O ADN de José Luis Abet está na arma do triplo crime de Valga

Enfróntase a tres delitos de asasinato, tenza de armas e lesións psicolóxicas aos seus fillos 

Aínda non hai data para a celebración do xuízo

Marta González Salve 04/04/2022 14:12

Apenas 50 minutos transcorreran desde que Jose Luis Abet chegara o 16 de setembro de 2019 á casa de Carracido, no concello de Valga, e foxe da escena do crime. Nese tempo, deixa tres vítimas mortais.

A primeira, Sandra Boquete, a súa exmuller, á que dispara cando se atopa no interior do seu coche e na presenza dos seus dous fillos.

As outras dúas, a súa exsogra e a súa excuñada, tan só 15 minutos despois, tras cruzarse con elas e seguilas ata á casa onde descobren o crime. Pouco despois Abet chamaba a Garda Civil para confesar os feitos e entregarse

O levantamento do segredo de sumario revela outras probas que achegan o acusado á pena de prisión permanente revisable solicitada polas acusacións. 

Entre as probas, as notas de audio enviadas a un compañeiro de traballo en que confesaba o crime, a declaración dunha testemuña e o ADN atopado na pistola de calibre 32 que tirou ao río Tambre á altura da Ponte Maceira e recuperada pouco despois.

Ante a gravidade do crime, a xuíza enviouno a prisión provisional comunicada e sen fianza, unha medida que quedou prorrogada e que manterá a Abet no penal leonés de Villahierro ata a celebración do xuízo, para o que aínda non hai data.

José Luis Abet enfróntase a tres asasinatos, tenza de armas e lesións psicolóxicas aos seus fillos, que presenciaron o acontecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade