Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mostra itinerante do ano Laxeiro arranca en Lalín, terra natal do pintor

A mostra itinerante do ano Laxeiro arranca en Lalín, terra natal do pintor

'Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)' pasará despois por Madrid, Santiago e París 

G24.gal 06/04/2022 21:09

Baixo o título 'Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 195-1970)', a mostra ofrece 30 pezas da época de madurez do artista, do tempo de maior agresividade na súa pincelada.

Esta exposición itinerante, que conmemora o ano Laxeiro, comezou o seu camiño internacional en Lalín, onde naceu o pintor e onde se pode visitar ata o 5 de xuño. Despois estará en Madrid, en Santiago e mais en París.

A idea é reivindicar o peso que tivo Laxeiro na pintura vangardista, tanto dentro coma fóra de Galicia. É unha homenaxe a un pintor que soubo conxugar o local e o universal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade