Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector bateeiro reclama na rúa a ampliación das zonas de recollida da mexilla

O sector bateeiro reclama na rúa a ampliación das zonas de recollida da mexilla

O 30 de abril acaba o prazo de recollida da cría do mexillón

O sector denuncia que o 50 por cento das bateas están baleiras

G24.gal 03/04/2022 14:53

O Clúster do Mexillón continúa coas súas reivindicacións. Volveu saír este domingo á rúa e fíxoo en Santiago de Compostela. 

Foi unha manifestación multitudinaria que partiu da Alameda e rematou no Obradoiro. Os bateeiros denuncian que a cría de mexillón está case esgotada. Esixen que a Consellería do Mar cambie a normativa actual e lles autorice novas zonas de traballo.

Aseguran que o sector está a atravesar un momento complicado, xa que apenas queda mexilla dispoñible nas zonas autorizadas para a súa extracción e non alcanza a cubrir as necesidades das bateas.

Piden á consellería que reconsidere a súa posición e lles permita acceder tamén ás zonas ás que acudían historicamente.

Desde o sector aseguran que a convivencia cos percebeiros é posible e que hai recursos para todos. De seguir así, din, non poden garantir a produción da vindeira campaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade