Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prazas case esgotadas nos restaurantes de Lalín para a Feira do Cocido

Prazas case esgotadas nos restaurantes de Lalín para a Feira do Cocido

Declarada de Interese Turístico Internacional xa leva celebrándose máis de medio século

Este ano a ración irá máis cara 

G24.gal 07/04/2022 17:18

A nova edición da Feira do Cocido de Lalín, a que fai o número 54, presentouse en Madrid cara á recta final da celebración que será o vindeiro 24 de abril. En xaneiro decidiuse trasladala das súas datas habituais porque a sexta vaga da pandemia de coronavirus desaconsellaba as concentracións de xente.

Declarada de Interese Turístico Internacional en 2020, esta edición hai máis de medio cento de actividades programadas para os milleiros de persoas que decote se reúnen en Lalín co gallo da festa, arredor dun dos pratos máis populares da gastronomía galega.

As reservas nos restaurantes están practicamente esgotadas nese día, o que vai axudar o sector hostaleiro de Lalín a resistir estes anos difíciles.

Hai prezos para todos os petos, pero este ano a ración será un pouco máis cara.

A lume lento, con produtos de primeira calidade e sete sobremesas incluídas, o cocido de Lalín reivindícase para calquera época do ano. Os galegos ben o sabemos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade