A exposición 'As pegadas no Camiño': pezas para percorrer o Camiño a través de manifestacións artísticas
A exposición 'As pegadas no Camiño': pezas para percorrer o Camiño a través de manifestacións artísticas
Na cidade da Cultura de Santiago, ata o 29 de maio
Xa se pode visitar na Cidade da Cultura a exposición 'As pegadas do Camiño', unha nova ollada ás rutas xacobeas desde a música, o cine, a pintura ou os manuscritos e códices medievais.
Comisariada polo catedrático e exdirector da Real Academia Española, Darío Villanueva, a mostra conta con fondos da Biblioteca Nacional e do Museo do Prado.
Pegadas efémeras, que se borran no Camiño; non así, as artísticas, as espirituais, as sentimentais. Estas son as que nos agardan na exposición do Gaiás, en forma de manuscritos, de obra pictórica, de códices, de cartografía, a través do cine, a través da música... Pegadas escollidas con mentalidade sostible.