Publicador de contidos

Publicador de contidos

En busca e captura a educadora social condenada en Vigo por abuso sexual a unha menor

En busca e captura a educadora social condenada en Vigo por abuso sexual a unha menor

Foi condenada a 11 anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual sobre unha menor que vivía nun fogar de acollida en Redondela

 

 

Educadora social xulgada en Vigo por abusos sexuais continuados a unha menor/Javier Vázquez/Europa Press Educadora social xulgada en Vigo por abusos sexuais continuados a unha menor/Javier Vázquez/Europa Press
G24.gal 03/07/2025 18:22

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou unha orde de busca, detención e ingreso en prisión contra a educadora social que foi condenada a 11 anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual sobre unha menor que estaba a vivir nun fogar de acollida en Redondela.

A muller recorreu en varias instancias a condena, pero tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) como o Tribunal Supremo ratificaron a sentenza da Audiencia.

Entre tanto, a muller seguiu en liberdade, e estaba a comparecer periodicamente nos xulgados por outro procedemento no que está investigada tamén por abusos.

A educadora foi condenada por uns feitos que ocorreron entre 2018 e 2019, cando a vítima tiña 13 anos. A Audiencia considerou probado que, nese tempo, a traballadora gañou a confianza da menor, que estaba nunha situación vulnerable e de desamparo, e estableceu con ela unha relación, que incluíu contactos sexuais.

Esa relación continuou mesmo cando a educadora foi expulsada do centro.

Ademais da pena de prisión, a procesada foi condenada a 5 anos de inhabilitación para exercer profesións que impliquen relación con menores, e estableceuse a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima por 15 anos.

Igualmente, impúxose a medida de liberdade vixiada durante 8 anos (tras cumprir a pena de cárcere) e a obrigación de someterse a un curso de reeducación sexual. O tribunal fixou en 8.000 euros a indemnización á nena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade