Recibe a alta o ferido hospitalizado tras a pelexa en Ribeira
Foi trasladado en helicóptero a Santiago con feridas graves
Seis persoas foron detidas e non se descartan máis arrestos

O home que permanecía hospitalizado en Santiago a causa da pelexa do pasado martes no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira (A Coruña), recibiu a alta médica este xoves.
Así o confirmaron fontes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
O ferido fora trasladado en helicóptero medicalizado debido á gravidade das feridas sufridas durante a liorta entre dúas familias que celebraban unha pedida de man e que rematou cun falecido e seis persoas detidas.
Vídeos en redes sociais axudan á identificación
O delegado do Goberno en Lugo di que non se descartan máis detencións en relación con estes feitos.
Os vídeos difundidos en redes sociais están a facilitar a identificación doutras persoas implicadas na pelexa.
Os seis arrestados pasarán a disposición do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ribeira, aínda que por motivos de seguridade non se fixo pública a data concreta.