Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos un menor ferido nunha pelexa multitudinaria nun parque da Coruña

Polo menos un menor ferido nunha pelexa multitudinaria nun parque da Coruña

Ocorreu no parque de Santa Margarita, cando algunhas persoas que pasaban por alí alertaron ás forzas e corpos de seguridade

Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 22/07/2025 22:11

Polo menos un menor de idade quedou ferido nunha pelexa multitudinaria ocorrida na Coruña, no Parque de Santa Margarita. Ocorreu pasadas as 19:00 horas deste martes, cando algunhas persoas que pasaban por alí alertaron ás forzas e corpos de seguridade.

Ata o lugar desprazáronse varios coches da Policía Nacional e a Local, xunto cunha ambulancia do 061, cuxos profesionais sanitarios tiveron que atender un menor de idade.

Fontes da Policía Local ratifican que, a pesar da alarma xerada, a situación non escalou e non se presentaron denuncias por estes feitos.

Aínda que non se practicaron detencións, testemuñas falan dun ferido leve que non quixo ser atendido pola ambulancia desprazada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade