Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas dúas persoas tras un altercado na zona de ocio nocturno en Ferrol

Detidas dúas persoas tras un altercado na zona de ocio nocturno en Ferrol

Segundo fontes municipais, todo parece indicar que a lea comezou logo de que un dos implicados lle tocara o traseiro a unha muller

G24.gal 19/07/2025 14:07

Dúas persoas foron detidas este sábado en Ferrol tras un altercado ocorrido de madrugada na rúa Magdalena, unha das vías do centro urbano con máis locais de ocio nocturno.

Segundo confirmaron a EFE fontes municipais, todo parece indicar que a lea comezou logo de que un dos implicados lle tocara o traseiro a unha muller. Unha testemuña alertou sobre as tres e media da mañá o 112 da pelexa que congregou un importante grupo de persoas.

As policías local e nacional acudiron ao momento, ao exterior dun pub, pero os participantes na contenda escaparon cando comprobaron que se aproximaban os axentes, que non puideron interceptalos ata a praza de Armas, fronte ao pazo municipal ferrolán.

Malia a resistencia que ofreceron e malia fuxiren de novo, foron detidos nesa contorna e trasladados a dependencias do Corpo Nacional de Policía, nas que se rexistrou unha denuncia por lesións por parte dun dos participantes na lea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade