Publicador de contidos

Publicador de contidos

Collido na allada en Monforte tras entrar roubar nun comercio

Collido na allada en Monforte tras entrar roubar nun comercio

Un operario que estaba a instalar o aire acondicionado nunha tenda de roupa sorprende un ladrón dentro do local

O intento de roubo produciuse entre as tres e as catro da tarde, fóra do horario comercial
Félix Aragunde 12/09/2025 13:46

Un operario evitou o asalto a unha tenda de roupa en Monforte, na céntrica rúa do Comercio. A primeira hora da tarde, cando estaba a traballar na instalación do aire acondicionado co negocio aínda pechado ao público, atopouse cun estraño. Tratábase dun individuo que acababa de acceder ao interior do local tras levantar a reixa. Ao collelo na allada, encarouse con el e o ladrón fuxiu por onde entrara. 

Onde tivo máis sorte o mesmo ladrón foi nunha tenda de roupa para nenos situada a escasos metros, onde roubou uns 150 euros en moedas que había na caixa rexistradora. Fíxoo tras romper a porta de cristal, causando así un dano moito maior que o valor dos cartos subtraídos.

Unha vez denunciados ambos asaltos, os axentes da comisaría de Monforte buscan agora pistas que axuden a identificar o autor destes feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade