Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos e dous investigados pola súa vinculación con varios roubos con forza no Carballiño

Tres detidos e dous investigados pola súa vinculación con varios roubos con forza no Carballiño

Os ladróns entraron a un domicilio do segundo piso e apoderáronse de 620 euros e bolsos que contiñan tarxetas bancarias e documentación persoal

G24.gal 12/09/2025 11:47

O Equipo Roca da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación RECOU, desarticulou un grupo criminal ao que se lle atribúen varios roubos con forza no municipio do Carballiño nun operativo que concluíu con tres persoas detidas e outras dúas investigadas, que se atopan cumprindo condena en Pereiro de Aguiar e Monterroso respectivamente.

A investigación atribúelles dous roubos con forza cometidos o 20 de xullo de 2024 en dúas vivendas de Arcos, no Carballiño. Alí, tras accederen ao interior dos inmobles, os ladróns apoderáronse de 24.000 euros en efectivo e varias xoias.

De feito, un dos integrantes deste grupo criminal subtraería xoias de forma continuada entre os anos 2019 e 2021, aproveitando que tiña acceso ao interior dun dos inmobles, dado que tiña relación familiar cos propietarios da vivenda.

Tamén os vinculan cun roubo con forza cometido o 15 de febreiro de 2025 nunha vivenda da Uceira, tamén no Carballiño. Alí utilizaron o método do escalo, cunha escaleira previamente roubada, para acceder a un bloque de vivendas.

Os ladróns entraron a un domicilio do segundo piso e apoderáronse de 620 euros e bolsos que contiñan tarxetas bancarias e documentación persoal.

Os detidos pasaron ao dispor do Tribunal de Instancia 1 do Carballiño, que decretou o ingreso en prisión para os tres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade