Cargando resultados...
Javier García, de Lalín, é o novo mellor 'barman' de Galicia
G24.gal
28/03/2022 21:33
O Parador Nacional Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela acolleu o XIX Campeonato Galego de Coctelería da Asociación Galega de Barmen.
Entre a vintena de participantes, o lalinense Javier García foi elixido o mellor barman clásico de Galicia cun combinado que inclúe vodka e licor de cereixa.
Xunto a el, no podio, Joel Forján, designado mellor barman novo da comunidade.
O título vailles permitir representar a Galicia no Campionato Nacional a finais de ano en Sevilla.
Os tres primeiros clasificados de cada modalidade tiveron que realizar un segundo cóctel usando augardentes de Galicia e aquí o triunfo foi para Saúl Pérez Marrero.