A Conferencia Episcopal, sobre a visita do Papa: "O desexo é que veña"
O cardeal Omella fixo as declaracións no Encontro de Empresarios Católicos en Santiago
O presidente da Conferencia Episcopal pediu que os empresarios aposten por un repartimento da riqueza máis igualitario
O encontro de empresarios católicos reúne en Santiago máis dun cento de personalidades do mundo da Igrexa e da empresa. Entre elas, o presidente da Conferencia Episcopal, que advertiu de que o repartimento da riqueza é cada vez máis desigual.
Pediulles aos empresarios que promovan unha economía ao servizo das persoas e que non afasten os máis necesitados. O cardeal Omella tamén se referiu á posible visita do papa Francisco a Santiago con motivo do Ano Santo:
"Eu non son profeta, eu podo dicirlle que o meu desexo é que veña. Evidentemente quero que veña a Santiago, tamén a Barcelona, que celebramos o ano Ignaciano, e os de Sevilla tamén quererán que vaia. Pobriño, o Santo Padre, non sei como vai facer".