Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa detida e outras dúas imputadas en Santiago por estafar usuarios de páxinas de contacto

Unha persoa detida e outras dúas imputadas en Santiago por estafar usuarios de páxinas de contacto

As tres persoas, con antecedentes por delitos similares, forman parte dunha suposta organización criminal con ramificacións noutras comunidades autónomas

As vítimas recibían ameazas de morte por teléfono para coaccionalas a realizar pagos que nalgúns casos chegaron aos 6.000 euros 

G24.gal 04/04/2022 14:31

A Policía Nacional detivo en Santiago unha persoa e imputa outras dúas por un delito de extorsión a través da Internet. A operación permitiu desartellar unha organización criminal con ramificacións en diferentes comunidades autónomas que extorsionan usuarios de páxinas de contacto. Algunha das vítimas chegou a pagar máis de 6.000 euros.

Unha persoa detida e outras dúas imputadas en Santiago de Compostela por presunta estafa e chantaxe a usuarios de páxinas de citas por Internet. "A partir das pescudas policiais comprobamos que estamos ante unha presunta organización criminal que ten numerosos contactos en diferentes comunidades autónomas", explica o inspector e voceiro da Policía Nacional, César Ramos. "Identificamos 8 persoas, das cales tres tiñas domicilio en Santiago e amais constan sobre eles múltiples denuncias por feitos similares", engade. 

A investigación, que segue aberta e non se descartan novas detencións así como a localización de máis vítimas, comezou a finais do pasado ano cando unhas das persoas estafadas, residente en Madrid, denunciou o caso. O 'modus operandi' é sempre o mesmo.

"Moitos dos servizos que ofertaban eran a través dos móbiles, entón coa chamada que realizaban os usuarios, unido coa información facilitada era a que empregaban para logo chantaxear e extorsionar", indica César Ramos. 

Neste caso, a vítima, ameazada con "que se non pagaba mataríano a el e ao resto da súa familia", recibía chamadas e mensaxes a través da mensaxería móbil procedendo á extorsión e chegando a realizar un primeiro pago de 1.000 euros. Pero as ameazas non cesaban e acabou pagando máis de 6000. "Chegou a bloquear o número de teléfono pero seguía a recibir chamadas e mensaxes" dende outros novos terminais, recoñece o voceiro da Policía Nacional, e "sempre baixo ameazas de morte".

Amais das de Santiago, en total foron identificadas oito persoas no marco da operación en diferentes comunidades autónomas como Madrid e Cataluña. A todas elas poden imputárselles delitos de pertenza a organización criminal, estafa, extorsión e chantaxe, e no caso das de Santiago, no caso de saír condenados, aplicaríaselles unha serie de agravantes como é o de reincidencia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade