Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha estafa en máis de duascentas pólizas de seguro en Vigo

Investigan unha estafa en máis de duascentas pólizas de seguro en Vigo

A suposta responsable está investigada por delitos de estafa, falsificación de documentos e usurpación de estado civil

G24.gal 13/06/2025 14:08

Continúa en Vigo a investigación contra unha falsa axente de seguros que vendeu supostamente preto de duascentas pólizas entre seguros de saúde, de vehículo ou de vivenda. A muller foi detida pola Policía Nacional e acudía nas últimas horas a declarar aínda que permanece en liberdade. Tres xulgados están a investigar a trama e polo menos 17 avogados defenden os intereses dos que contrataron os seguros, das  compañías e mesmo de bancos.

Vendía seguros moi baratos, con moitísimas prestacións e importantísimas primas.

A súa base operativa estaba na súa vivenda nas proximidades da  vella estación de autobuses de Vigo. Hai moitos afectados entre os pais de alumnos dun colexio do barrio e un templo relixioso. A letrada Raquel Vilariño leva sete destes casos pero foi contactada por vinte afectados.

Un dos casos máis graves é o dunha muller que contratou un seguro de saúde que terá que facer fronte aos gastos iniciais do seu cancro, uns 5.000 euros.

Unha das primeiras afectadas detectadas saltaba hai case unha un ano cando unha condutora se decatou de que non tiña o seguro que pagara.

A acusada pasou polo xulgado número tres de Vigo este xoves pero acolleuse ao seu dereito a non declarar. A Policía Nacional imputa a muller os delitos de estafa, falsificación de documentos e usurpación de estado civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade