Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos en Galicia ao desartellar unha rede que estafou case 8 millóns a pequenos investidores

Tres detidos en Galicia ao desartellar unha rede que estafou case 8 millóns a pequenos investidores

Dous arrestos producíronse en Malpica e outro en Carballo, e detiveron outras tres persoas en Madrid

Por agora hai 63 afectados identificados, pero estímase que poden chegar aos 800

Europa Press/Arquivo Europa Press/Arquivo
G24.gal 08/08/2025 11:37 Última actualización 08/08/2025 12:22

A Policía Nacional desartellou unha rede empresarial que estafou case 8 millóns de euros entre 2022 e 2024 a pequenos inversores a través do crowdfunding. As vítimas investían en falsos negocios de restaurantes ou alugueiros vacacionais.

Ata seis persoas foron detidas nesta operación entre Malpica, Carballo e Madrid da que podería haber ata 800 vítimas, aínda que só se identificou a 63 polo momento.

Ademais, a armazón criminal defraudou tamén máis de 1 millón de euros á Seguridade Social usando homes de palla e pola falta de pagamento deliberada de obrigacións laborais e fiscais.

A rede utilizaba o crowfunding, que non require de intermediarios, prometendo aos investidores grandes rendibilidades falsas sen que os negocios chegasen a materializarse.

A investigación comeza no 2024, cando os axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) detectaron que varias persoas foran estafadas ao investir en proxectos anunciados en redes sociais. 

Os investigadores descubriron que as achegas económicas raramente ían para os proxectos e que moitos abandonábanse ao pouco. Aí recolocaban as vítimas noutros proxectos ou recibían evasivas da rede criminal.

A operativa tiña máis de 40 contas bancarias nas que movían constantemente os fondos para que non se puidesen rastrexar. A recadación económica ía destinada aos gastos do principal investigado. Nos rexistros interviñéronse varios teléfonos móbiles, un computador portátil e un turismo

Ademais, bloqueáronse as contas bancarias que utilizaban e tamén un inmoble valorado en 60.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade