O Obradoiro afronta unha semana decisiva para continuar na ACB
Xoga tres partidos ante rivais directos: Fuenlabrada, Zaragoza e Burgos
O Obradoiro afronta unha semana que pode ser decisiva para a permanencia, con tres partidos ante rivais directos: Fuenlabrada, Zaragoza e Burgos. Pero iso non altera o discurso de Moncho Fernández:
"Só pensamos no sábado, pensar noutra cousa sería un erro. Debemos ter control do balón e rebote defensivo"
Sábado, mércores, sábado. Tres partidos, os tres lonxe do Sar. Non é un detalle menor, o Obradoiro só gañou un partido fóra da casa esta temporada. Con todo, os santiagueses saben o camiño a seguir, o da última vitoria ante o Manresa.
O Obradoiro e o Fuenlabrada están igualados a nove vitorias.
Non nos pode facer máis ilusión organizar viaxe de novo! 💙
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) April 6, 2022
Que mellor plan para este sábado que viaxar con @monbusinfo para animar aos nosos en Fuenlabrada??
Recorda que podes facerte co teu pack de 'entrada+viaxe' ou só entrada. Anótate xa!#SomosObra pic.twitter.com/4qcSSEspwi