Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Camiño de Santiago sen mochila esténdese a todas as rutas

O Camiño de Santiago sen mochila esténdese a todas as rutas

Impulsan un servizo de traslado dos vultos dos camiñantes

G24.gal 09/04/2022 14:46

Facer o camiño de Santiago nunca foi tan doado. Contando con este ano santo excepcional, o servizo de Correos acaba de dar pulo a unha iniciativa de traslado de mochilas dos peregrinos, que estende a oferta a todas as variantes da ruta xacobea."

Fas o camiño doutra maneira, pero o camiño hai que camiñalo, cada un faino do xeito que decide facelo e nós achegamos un valor máis ás persoas que non queren cargar coas súas equipaxes e que prefiren gozalo doutras formas. Cada vez é un servizo máis demandado: hai días en que movemos máis de mil equipaxes nas diferentes rutas", asegura a responsable da iniciativa "O Camiño de Santiago con Correos".

Mediante un simple rexistro na páxina O Camiño con Correos pode contratarse o servizo ao longo de todas as xornadas que o camiñante precise. Só hai que identificar a mochila cunha etiqueta, e queda lista para que o un operario se encargue de recollela.

"Collémoslle a equipaxe ao peregrino as oito da mañá e antes das dúas e media témoslla entregada no albergue que nos diga. Dende o un de abril están todos os camiños abertos", apunta o operario de Correos, Manuel Millán.

Os únicos requirimentos que se esixen son que a mochila non pese máis de quince quilos e que se avise do lugar de recollida vinte e catro horas antes. O envío chegará ao destino escollido antes das dúas e media do día seleccionado.

"A xente que utiliza este servizo é a que non pode levar pesos ou que os pode levar pero vén en plan de camiñar como o fai todos os días. E vemos que a xente que utiliza este servizo chega aquí en mellores condicións", conclúe Auxencio Liñares, encargado da pensión Vilanova para peregrinos, no concello coruñés de Oroso.

Empezar o camiño dende Sarria ata Santiago ao longo de cinco etapas custa uns vinte euros, e dende Roncesvalles, uns cento cincuenta. Gozar do camiño é máis sinxelo ca nunca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar