Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inundacións no sur de Marrocos deixan cando menos 37 falecidos

Inundacións no sur de Marrocos deixan cando menos 37 falecidos

A choiva tormentosa, que as autoridades cualifican como "excepcional", levou o caos en tan só unha hora á contorna da provincia costeira de Safi

EFE 15/12/2025 09:56 Última actualización 15/12/2025 10:49

As autoridades marroquís elevan a 37 o número de falecidos polas inundacións rexistradas este domingo na provincia costeira de Safi, no sur de Marrocos, por mor da choiva torrencial excepcional que afectou esta zona.

Nun novo balance as autoridades locais destacaron que continúa unha "forte mobilización" para as operacións de busca de posibles desaparecidos, a garantía da seguridade nas zonas afectadas e a provisión de apoio e auxilio á poboación damnificada.

As mesmas fontes indicaron nunha anterior nota que as inundacións foron provocadas por choiva tormentosa excepcional, que foi rexistradas nun curto período de tempo (unha hora).

As inundacións causaron ademais polo menos 14 feridos. A maioría deles foron dados de alta do hospital, mentres que o resto recibe atención médica no Hospital Mohammed V de Safi, onde dous deles permanecen en coidados intensivos.

En canto aos danos materiais, as mesmas fontes indicaron que, segundo unha avaliación preliminar, as inundacións afectaron un total de 70 vivendas e establecementos comerciais na cidade de Safi, principalmente na antiga medina.

Así mesmo, sinalaron que as riadas arrastraron polo menos dez vehículos, ademais de provocar danos no tramo da estrada que conecta Safi coa localidade de Ahrara, así como a interrupción do tráfico en varios eixos da cidade.

Pola súa banda, a Dirección Rexional de Educación en Safi informou de que se decidiu suspender as clases na provincia debido ás adversas condicións meteorolóxicas.

A Dirección Xeral de Meteoroloxía emitiu varias alertas de nivel laranxa por nevadas e choiva intensa acompañada de tormentas en varias provincias do país entre o domingo e o vindeiro mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade