Cargando resultados...
O papa podería facer un "pouquiño" do Camiño de Santiago
León XIV díxollo ao alcalde de Palas de Rei durante unha visita ao Vaticano
G24.gal
14/11/2025 19:05
O papa León XIV podería facer un "pouquiño" do Camiño de Santiago. Así llo trasladou ao alcalde de Palas de Rei durante unha visita ao Vaticano xunto a alcaldes da mancomunidade do Camiño Francés.
León XIV recibiu o bastón do peregrino e tamén unha vieira. O papa amosouse sorprendido polos atributos do peregrino e manifestoulles aos rexedores o seu desexo de facer un anaco do Camiño de Santiago con motivo do Ano Santo 2027.