Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros de Santiago, optimistas de cara á Semana Santa

Os hostaleiros de Santiago, optimistas de cara á Semana Santa

Prevén que a media de ocupación hoteleira chegue ao 70 por cento na cidade

Os hoteis da zona vella xa teñen reservado o 90 por cento das prazas

G24.gal 30/03/2022 14:29

Se nada se torce, a Semana Santa prevese boa para o sector hostaleiro compostelán. Os datos que manexa a asociación Hostalería Compostela revelan que, polo menos no centro histórico, o noventa por cento das prazas xa están reservadas

"Na zona vella xa empeza a haber dificultades para atopar camas", asegura Thor Rodríguez, presidente da asociación. Di que mesmo hai establecementos que xa están ao cen por cento para esas datas. 

Ademais da ocupación, Rodríguez ve nestas reservas anticipadas outro síntoma de recuperación. "Son reservas feitas con anticipación, vacacións planificadas, e cremos que imos recuperar a dinámica prepandemia", afirma.

Fóra da zona vella as reservas van máis amodo, pero a media xa supera o 50 por cento de ocupación en toda a cidade. A previsión é seguir sumando e chegar polo menos ao 70 por cento.

"Iso significaría un 10 por cento menos que en 2019", aclara Esteban Iglesias, presidente da Unión Hotelera. Ten mellores previsións para o verán, que espera que supere os números de antes da pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade