Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mundo .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Mundo .

Mundo

O presidente de Rusia visita este luns a cidade de Yakutsk, no nordeste do país, antes de viaxar a Corea do Norte (Reuters).

Putin aproba a firma dun tratado de asociación estratéxica integral con Corea do Norte

18/06/2024 10:42

Segundo o Kremlin, o documento "non terá ningún carácter de confrontación, non estará dirixido contra ningún país e estará encamiñado a garantir unha maior estabilidade na rexión de Asia Nororiental"

Categorías:  Mundo   Política

Traballos de desentullo en Baños de Auga Santa, na provincia andina de Tungurahua (Reuters).

Polo menos catorce mortos, vinte e sete feridos e sete desaparecidos por fortes choivas en Ecuador

18/06/2024 08:41

Un total de 1.283 persoas foron afectadas pola forza das choivas desde o pasado venres en 35 municipios de 13 provincias do país


Acaba sen acordo o cumio informal para renovar os altos cargos da UE

18/06/2024 00:26

"A conversa de hoxe foi un paso útil para preparar o próximo Consello Europeo, pero as decisións tomaranse no próximo Consello Europeo de finais de mes", dixo Charles Michel


O PPE proponlles aos socialistas repartir a presidencia do Consello Europeo en dous mandatos de dous anos e medio

17/06/2024 21:04

Arrancan en Bruxelas as negociacións para designar os cargos da nova lexislatura

Ursula von der Leyen parte como favorita para repetir como presidenta da Comisión

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  UNIÓN EUROPEA

Veleiro no que viaxaban cando se atopaban a unhas 120 millas da costa de Calabria, no sur de Italia (EFE/Guardia Costeira Italiana)

Ata 26 nenos desaparecidos no naufraxio na costa de Calabria, ao sur de Italia

17/06/2024 19:28

O naufraxio produciuse na mesma costa onde hai un ano, en Steccato de Cutro, perderon a vida case un centenar de migrantes

No que vai de ano ata o pasado 14 de xuño, chegaron ás costas italianas 23.235 migrantes; no mesmo período do ano anterior chegaran 55.662


Comezan as negociacións entre os 27 para renovar a cúpula da Unión Europea

17/06/2024 14:47

Cumio informal en Bruxelas antes do Consello Europeo previsto para o 27 e 28 de xullo

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  UNIÓN EUROPEA

Aprazada ao 5 de agosto a vista polo asasinato do coruñés Diego Bello en Filipinas

17/06/2024 12:10

A vista que foi suspendida era unha nova sesión da causa que se segue en Manila contra tres policías filipinos "acusados de asasinar o empresario coruñés e de falsificar probas para tratar de xustificar a súa morte", recalcan


A UE aproba definitivamente e ao límite a polémica Lei de Restauración da Natureza

17/06/2024 11:56

O si de Austria permitiu sacar adiante esta lei, á que se opoñen seis países da Unión Europea

A aprobación da norma causou un cisma no Goberno de coalición austriaco; o partido conservador denunciará á ministra de medio Ambiente, dos Verdes, por abuso de poder, e recorrerá a lei ante o TXUE


Benjamin Netanyahu (Reuters)

Netanyahu disolve o gabinete de guerra para crear un núcleo de decisións máis reducido

17/06/2024 11:54

O novo sistema evita a entrada no círculo de poder da guerra dos dous socios de goberno da á ultradereitista


A China anuncia unha investigación por competencia desleal contra o porco europeo

17/06/2024 10:11

Isto podería afectar especialmente a España, xa que se trata do principal exportador de porco á China dentro dos Vinte e sete

En 2023, segundo datos citados pola patronal porcina Interporc, España exportou á China máis de 560.000 toneladas de produtos de porco por valor de 1.223 millóns de euros

O ministro Planas cre que unha guerra comercial non é boa para ningunha das partes

Categorías:  Mundo   Economía

Sesión do pasado cumio en Suíza (Pool vía Reuters/Urs Flueeler)

Jorge Quindimil: "Penso que agora si estamos empezando a falar de paz en Ucraína"

17/06/2024 09:43

O profesor de Dereito Internacional e da UE da Universidade da Coruña cre que a falta de unanimidade na declaración final non lle resta valor ao cumio internacional


Polo menos quince mortos e ducias de feridos nun choque de trens no nordés da India

17/06/2024 09:38

O sinistro aconteceu nun distrito turístico moi concorrido durante o verán

De momento descoñécense as causas do accidente; o condutor dun dos convois atópase entre os falecidos

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  ACCIDENTE

Os líderes da UE buscan pechar este luns o reparto da cúpula europea

16/06/2024 19:37

Previsiblemente, Ursula Von der Leyen seguirá á fronte da Comisión Europea

A presidencia do Consello Europeo podería asumila o exprimeiro ministro portugués, o socialista António Costa


Viola Amherd durante o Cumio de Paz de Ucraína. Michael Buholzer/Pool via REUTERS

Suíza abre a porta a que Putin poida negociar en chan helvético sen ser detido

16/06/2024 18:46

A presidenta asegurou que a orde de detención que pesa sobre o mandatario ruso prevé excepcións en caso de negociación


Axentes de policía de Hamburgo vixían o lugar onde se rexistrou o ataque este domingo

A policía alemá dispáralle a un home que ameazaba cun pico seareiros da Eurocopa en Hamburgo

16/06/2024 16:28

O incidente sucedeu no barrio de San Pauli, na zona onde estaban os afeccionados dos Países Baixos, horas antes do partido contra Polonia

O agresor que levaba tamén un artefacto incendiario está ferido de gravidade

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  ATAQUE

Foto de familia do cumio celebrado en Suíza. REUTERS/Denis Balibouse

O Cumio de Paz de Ucraína pecha cunha declaración que non asinan trece países

16/06/2024 14:57

O documento, subscrito por 80 estados, reclama seguridade nuclear e de tránsito marítimo

Categorías:  Mundo   Política

Un home dispara ao chou nun parque de Detroit e fere polo menos dez persoas

16/06/2024 09:16

Tras efectuar 28 tiros cunha arma curta, atrincheirouse nunha casa e suicidouse

Segundo a Policía, todo apunta a que abriu fogo de xeito indiscriminado

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   TIROTEO   ARMAS

Ruínas da mesquita al-Al Rahma (Jan Yunis) tras un ataque israelí. REUTERS/Mohammed Salem

Israel suspende os ataques once horas ao día no sur de Gaza para que entre axuda

16/06/2024 08:01

O Exército hebreo interrompe a ofensiva entre as 8:00 e as 19:00 horas para permitir o acceso de máis achega humanitaria


Pedro Sánchez con Zelensky en Suíza

Sánchez afirma que non é negociable validar a agresión de Rusia a Ucraína

15/06/2024 20:54

O presidente español participa no cumio sobre Ucraína que se celebra en Suíza

Os Estados Unidos din que a última proposta de Putin é negociar a rendición, non a paz


Manifestación contra o Reagrupamento Nacional de Le Pen este sábado en París

Milleiros de persoas saen á rúa en marchas contra a extrema dereita en Francia

15/06/2024 17:24

Unhas 200 protestas percorrerán o país esta fin de semana nunha mobilización masiva contra o auxe do partido de Le Pen nas europeas

A esquerda, cunha nova Fronte Popular, intenta ofrecer imaxe de unidade ante a extrema dereita


A princesa de Gales na carruaxe cos fillos. REUTERS/Hollie Adams

Kate Middleton reaparece en público nas celebracións do aniversario de Carlos III

15/06/2024 12:17

É a súa primeira aparición despois de que o 22 de marzo anunciara que está a ser tratada con quimioterapia dun cancro


Unha familia palestina tras un ataque israelí en Deir Al-Balah. REUTERS/Abed Khaled

Os últimos ataques israelís deixan polo menos trinta persoas mortas en Gaza

15/06/2024 09:40

Desde o inicio da guerra, 37.296 persoas faleceron e 85.197 resultaron feridas na Franxa, a maioría delas mulleres e menores

O Exército israelí confirmou a morte de oito militares, entre eles un capitán, nun "grave incidente" nunha operación en Rafah


Imaxe do segundo día do cume do G7, en Borgo Egnazia, o 14 de xuño de 2024. (EFE/EPA/Giuseppe Lami)

O G7 pide a Hamas que acepte o plan de Biden e a Israel que limite a súa operación en Rafah

14/06/2024 19:37

Ademais, instan a Israel a "que se absteña de levar a cabo" unha "ofensiva militar a grande escala" en Rafah

O G7 pediulle a ambas partes que faciliten o paso rápido do socorro humanitario

Categorías:  Mundo   Política


O papa Francisco recibe a humoristas de todo o mundo

14/06/2024 14:42

Cristina Castaño, a representación galega no acto

 

Categorías:  Mundo   Sociedade   Vida

Vladimir Putin. REUTERS/ Maxim Shemetov

Putin ordenará o cesamento do fogo se Kíiv retira tropas do leste e o sur e renuncia á OTAN

14/06/2024 12:51

O presidente ruso condicional a fin dos combates a que Ucraína se retire das repúblicas de Donetsk e Lugansk e das rexións de Kherson e Zaporiyia, anexionadas por Moscova 

Ucraína cre que se trata dunha "farsa" que so impón esixencias


Imaxe de arquivo

O G7 acorda prestarlle a Ucraína 46.000 millóns de euros

13/06/2024 15:47

Financiarase cos xuros xerados polos activos do banco central ruso que se atopan conxelados na Unión Europea

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  CONFLITO UCRAÍNO

Liorta entre deputados do parlamento italiano, con patadas, puñadas e un ferido evacuado

13/06/2024 14:43

En Italia viviuse unha auténtica batalla campal no Parlamento. Os deputados enleáronse na
Categorías:  Mundo   Política

A xustiza europea avala converter os interinos en fixos para sancionar os abusos de temporalidade

13/06/2024 11:29

O TXUE dá resposta á petición de tres traballadoras interinas da Generalitat de Cataluña que alegaban que o seu traballo respondía a necesidades ordinarias, duradeiras e permanentes


Félix García: "Todas as empresas da automoción teñen que cumprir as mesmas regras de xogo"

13/06/2024 10:52

O director de Comunicación de Anfac avoga por penalizar as importacións a Europa de coches eléctricos das multinacionais da China que reciben subvencións públicas

Teme un "aumento do prezo dos coches eléctricos que veñan da China" se se converte en definitiva a suba de aranceis propostos por Bruxelas

Pídelle ao Goberno "axudas directas" a particulares e empresas para incentivar a compra de coches e furgonetas eléctricas en España


Bruxelas subirá aranceis aos coches eléctricos procedentes da China

13/06/2024 09:04

Bruxelas cumpre coa ameaza de subida arancelaria polos subsidios da China aos seus coches
Categorías:  Mundo   Economía   Empresa
Etiquetas:  UNIÓN EUROPEA

Varios artigos falsificados, comisados polas autoridades españolas, nunha imaxe de arquivo (EFE-EPA)

13 millóns de produtos falsos incautados e 264 detidos nunha operación internacional

12/06/2024 19:11

Hai preto de 500 marcas afectadas polas imitacións e os produtos incautados están valorados en máis de 120 millóns de euros

Tivo especial incidencia en atallar a falsificación de camisetas e material deportivo para os principais eventos deportivos que se celebrarán en Europa este ano

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  FALSIFICACIÓN

Fotografía de arquivo da presidenta da axencia Magnum Photos, a española Cristina de Middel, en Alacante EN marzo de 2023 EFE / Morell

A axencia Magnum Photos gaña o Premio Princesa de Asturias da Concordia

12/06/2024 13:43

O xurado recoñece o seu "icónico e esixente" labor de fotoperiodismo ao longo de case oito décadas en que foi "exemplo de liberdade de prensa e asunción de riscos"

Os seus catro socios fundadores, Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e David Seymour, pasaron á historia como os pais do fotoxornalismo


Hamas ábrese a aceptar a proposta de tregua de Biden, pero modificando algúns puntos

12/06/2024 13:11

Un funcionario israelí sostén que Hamas rexeita a proposta de Biden

Os ataques israelís seguen por toda a Franxa 250 días despois do inicio de guerra

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   HAMAS

Sánchez anuncia 17 millóns en apoio a Palestina e pide aceptar o plan de paz dos EUA para Gaza

11/06/2024 09:36

O presidente do Goberno participa en Xordania nun cumio de xefes de Estado e de Goberno no que participa o secretario xeral da ONU

O obxectivo é reforzar a resposta internacional ante a catástrofe humanitaria que vive a Franxa

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  PEDRO SÁNCHEZ   GAZA


O Parlamento Europeo escórase á dereita, pero resiste a maioría proeuropea

10/06/2024 08:50

O Partido Popular Europeo logrou 189 escanos e manterase como a primeira forza comunitaria, mentres que a Alianza dos Socialistas e Demócratas europeos (S&D) será o segundo grupo, con 135 eurodeputados

Von der Leyen tende a man a socialdemócratas e liberais para construír unha maioría proeuropea 

Ultraconservadores, nacionalistas e eurófobos son os grandes gañadores dos comicios


Macron deposita o seu voto en Francia nas europeas 2024

Macron convoca eleccións logo da derrota ante Le Pen e o primeiro ministro belga dimite

09/06/2024 21:16

"Non podo facer como se non pasase nada", dixo o presidente francés Emmanuel Macron nun discurso desde o Elíseo

Meloni logra unha cómoda vitoria en Italia


Os cabeza de lista ás europeas fan un chamamento á participación

09/06/2024 15:02

Os candidatos das principais listas ao Parlamento Europeo exerceron o seu dereito a voto durante a mañá

Categorías:  Mundo   Política

O campamento de Nuseirat, no centro de Gaza, tras a operación

Israel rescata catro reféns nunha operación en que morreron 200 civís palestinos

08/06/2024 14:48

Abás pide unha reunión urxente ao Consello de Seguridade da ONU para discutir as "repercusións do sanguento masacre" en Nuseirat

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ISRAEL   HAMAS   GAZA
Publicidade
Publicidade