Novas

Calor abafante en zonas de Ourense e Pontevedra: Leiro rexistra a máxima con 38,2 graos
09/06/2025 14:20
Estiveron afectados máis de 30 concellos

O cume dos océanos en Niza abre con críticas veladas aos plans de Trump
09/06/2025 14:18
"Dígoo aquí alto e claro. Os abismos oceánicos non están á venda, como tampouco Groenlandia non é conquistable. A Antártida ou as augas internacionais tampouco están á venda", declarou Macron.

O Concello de Viveiro mantén este luns as restricións de consumo da auga da traída
09/06/2025 14:17
As últimas analíticas indican que o problema de contaminación por xurro xa está solucionado, pero agardan aos controis microbiolóxicos para levantar as restricións
Mantense tamén a prohibición de bañarse en varias praias do concello
A alcaldesa agarda poder recuperar a normalidade na xornada do martes, segundo a estimación dos técnicos

A intervención dunha muller pon en fuga unha parella que intentaba roubar na Coruña
09/06/2025 14:12
A muller berroulles e os ladróns fuxiron tras romper o escaparate dun comercio céntrico

O Sergas contará con 676 prazas para formar residentes en medicina e enfermería
09/06/2025 13:34
O Consello da Xunta tamén aprobou a OPE do Sergas para 2025: 3.460 prazas, 2.000 máis das previstas inicialmente

Eduardo Valiña: "Sen Amparo non existiría Granell"
09/06/2025 13:18
A Fundación E. Granell creouse en 1995 coa obra e o legado do propio Granell, unha colección de arte de vangarda ou unha colección étnica
'Granell cumpre 30 anos' é un percorrido artístico e vital do artista, desde a súa vinculacion con Galicia como referente da súa obra
'Granell cumpre 30 anos' e 'Boutique Amparo' pódense visitar no segundo andar do Pazo de Bendaña en Santiago de Compostela

O Rabelo con Meiga-I, Thomas Dylan e Xian Pais nas músicas do 'Zigzag'
09/06/2025 12:46
'3 Fantasía', de O Rabelo e Meiga-I, unha festa para animais de todas as pelaxes e plumaxes en contra do autoritarismo
Thomas Dylan en '36841 The journey' volve a aldea na infancia, en Pazos de Borbén
Xián Pais, dende Louro, publica o disco 'O vento da ría'

Ionut Radu, primeira fichaxe do novo proxecto do Celta
09/06/2025 12:43
O porteiro romanés conta con ampla experiencia no fútbol italiano
Asina co club vigués ata o ano 2029

Xosé Cermeño: "'Vantaxes e inconvenientes de case todo' é o meu particular gabinete de curiosidades"
09/06/2025 12:30
'Vantaxes e inconvenientes de case todo' é unha colección de prosas breves que nace dos múltiples e heteroxéneos intereses do autor
Como os homes do Renacemento, Cermeño constrúe co seu libro unha especie de gabinete de curiosidades: dende a caza de baleas ata dicionarios, pasando pola química culinaria
Devoto de Tintín e de Hergé, o autor busca que as súas prosas igual que os seus guións saiban engaiolar o lector, case sempre con certas doses de humor

O tomiñés Manu Ochoa gaña a 1ª Copa do Mundo de Caiac Cros
09/06/2025 12:29
A próxima semana, nova cita co piragüismo internacional, na canle francesa de Pau
.jpg)
Sanidade lanza unha campaña contra a sensación de inmunidade ante as ITS dos mozos
09/06/2025 12:23
"É moi importante facer probas aínda que nos atopemos ben ou pensemos que estea todo baixo control", pediu García, que remarcou que o aumento destas infeccións está a darse especialmente en casos de sífilis, gonorrea e clamidia

O home que matou a súa parella no Birloque alega que tiña "afectadas" as súas facultades
09/06/2025 12:17
A defensa solicita a súa libre absolución ou que se rebaixe a pena ata os 15 anos de cadea
O fiscal reclama que se ratifique a sentenza de 23 anos de prisión e a acusación particular eleva a petición de pena ata os 25 anos
Este luns celebrouse a vista de apelación ante o TSXG

Óscar Gilsanz non seguirá como técnico do Deportivo
09/06/2025 12:12
A falta de confirmación oficial, o adestrador de Betanzos non continuará malia os seus bos números tras substituír a Imanol Idiakez

Teresa Ribera afirma que a súa relación coa trama de hidrocarburos é "igual a cero"
09/06/2025 12:12
A exministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, compareceu no Senado e explicou que só se viu unha vez con Aldama, pero nunha reunión co conselleiro delegado de Globalia, Javier Hidalgo

09/06/2025 12:11
García Ortiz, que se enfronta a penas de ata catro anos de cárcere e cinco anos de inhabilitación, recibe de novo o apoio do Goberno, non dimite e subliña a súa inocencia
Procesa polo mesmo delito a xefa da Fiscalía Provincial de Madrid, que xa anuncia recurso
O xuíz cre que o fiscal xeral filtrou o correo por "indicacións" de Moncloa
O PP pide o seu cesamento inmediato e que Sánchez compareza no Congreso; Sumar cre que se trata dunha "manobra política"

O novo AVE Vigo-Madrid baixa das catro horas, pero xera críticas pola perda de paradas
09/06/2025 11:55
O primeiro AVE Vigo-Madrid cumpre o tempo previsto, pero o traxecto inverso sofre atrasos
Eliminación de paradas intermedias e a exclusión de cidades como Lugo ou Ferrol xeran críticas entre usuarios e plataformas veciñais

Os vigueses Martín e Jaime Wizner gañan o Europeo de 49er
09/06/2025 11:52
A tripulación do Náutico logrou o seu primeiro gran título absoluto en Grecia

A Xunta impulsa unha nova edición do Bono Turístico
09/06/2025 11:35
Estes bonos buscan impulsar o turismo interior e o ocio fóra de temporada
A partir de xullo poderán descargarse os bonos para gastar no outono

Rescatados ilesos dous mariñeiros tras afundirse un pesqueiro en Ribeira
09/06/2025 11:20
O barco sufrira unha vía de auga, quedando os dous únicos ocupantes nunha balsa á deriva
Foron rescatados na mañá deste luns por outro barco que se atopaba na zona

A xuíza do caso David Sánchez considera que o aforamento de Gallardo é unha fraude de lei
09/06/2025 11:16
A maxistrada asegura que é unha "manobra" do expresidente da Deputación de Badaxoz que forma parte dun plan "previamente concibido e organizado" para "dilatar" a tramitación da causa
O PSOE advirte a xuíza de que non é ela quen pode decidir se Gallardo cometeu fraude

Bolaños anuncia a convocatoria de 1.440 novas prazas para xuíces e fiscais ata 2027
09/06/2025 10:44
O obxectivo, engade, é que a Xustiza en España teña uns cocientes de xuíces e fiscais por habitante similares á media da Unión Europea
Con todo, varias asociacións xudiciais convocaron para este mércores un paro de 10 minutos en rexeitamento ao texto presentado

Milei chama a Pedro Sánchez "bandido local" nun acto en Madrid
09/06/2025 10:09
O presidente arxentino arremeteu contra Pedro Sánchez no Madrid Economic Forum, cunha bancada que o seguiu
Resaltou os maiores logros que conseguiu no seu mandato para a economía do seu país
Milei soña cunha Arxentina que sexa primeira potencia mundial, para o que dá de prazo 40 anos

DO concorrerá ás xerais baixo as siglas dun novo partido de ámbito supraprovincial
09/06/2025 09:39
"Democracia Ourensana estará confederado con este novo partido", aclara o deputado Armando Ojea
O deputado de DO asegura que este último ano "conseguimos poñer Ourense no mapa" e agarda que os anos que quedan de lexislatura sexan "moi frutíferos para a provincia"

A comunidade dos Ánxeles resístese a dobregar a súa defensa dos indocumentados
09/06/2025 09:26
As tensións intensificáronse despois de que Trump ordenara a despregadura de 2.000 soldados da Garda Nacional na cidade, para resgardar o edificio federal de inmigración situado no centro dos Ánxeles
A tensión promete seguir este luns cando están programadas dúas manifestacións: unha contra a prohibición de entrada a estranxeiros de 12 países e a outra a que esixe a liberación do líder sindical David Huerta, presidente do Sindicato Internacional de Empregados de Servizos

Israel asalta a Frotiña da Liberdade e retén doce dos activistas, entre eles Greta Thunberg
09/06/2025 08:37
O Goberno israelí felicita o exército pola toma de control do Madleen e asegura que os tripulantes están sans e salvos: "O espectáculo rematou"
Hamas condena o asalto e fala de terrorismo de Estado; a ANP agradece os esforzos por achegar axuda humanitaria a Gaza e esixe a súa protección; Hezbollah fala "dunha flagrante violación do dereito internacional"
Preocupación na familia do español retido; o Goberno convoca o encargado de negocios de Israel tras reter a Sergio Toribio, o español a bordo da Frotiña
.png)
Un incendio calcina un edificio con ocupantes en Ourense
09/06/2025 08:31
A Policía Científica investiga as causas do lume que esta madrugada destruíu un edificio de tres andares na cidade
Trátase dun inmoble abandonado, pero a virulencia das lapas obrigou a desaloxar durante horas o edificio lindeiro, de doce vivendas

Abre este luns a matrícula das Escolas Oficiais de Idiomas
09/06/2025 08:23
O alumnado de continuidade poderá matricularse entre o 9 e o 23 de xuño en convocatoria ordinaria e entre o 27 de xuño e o 7 de xullo en extraordinaria
Doutra banda, o de novo ingreso debe realizar a preinscrición entre o 16 de xuño e o 7 de xullo

O nordés soprará forte entre Bares e Fisterra
09/06/2025 08:00

Os prezos da vivenda non paran de crecer, por Santiago Calvo
09/06/2025 07:58

08/06/2025 23:51
O partido rematou con empate a dous, e na quenda errou Morata e Rubén Neves deulles o título aos lusos

08/06/2025 23:00
Os da Illa meten un pé na Terceira División con dous goles de penalti

08/06/2025 22:48
O Cambados domina, pero non pode vencer o Beluso, que decidirá o ascenso na súa casa

A Coruña conecta cos océanos no festival multidisciplinar Mar de Mares
08/06/2025 22:46
Este espazo de encontro celebra a riqueza dos océanos e alerta sobre a necesidade de protexelos

O luns, calor en toda Galicia, con comarcas en aviso
08/06/2025 22:00
.png)
Interceptado na Coruña un condutor drogado que circulaba en sentido contrario e cun menor no coche
08/06/2025 21:59
O condutor circulaba desde Lugo, dirección A Coruña, e no túnel de Perillo meteuse en dirección contraria
O home foi interceptado na ponte da Pasaxe despois de que chocara cun lateral da vía

Racing de Santander 3-3 Mirandés
08/06/2025 21:55
O Racing salva unha desvantaxe de dous goles do Mirandés e mantén a eliminatoria igualada

Bibopalula dá o salto da pantalla aos escenarios e estréase nos teatros galegos
08/06/2025 21:51
Catro paxaros, unha observadora e un tesouro… así é a adaptación teatral da serie musical infantil Bibopalula
Estreouse nos teatros cunha grande acollida entre os cativos e cativas de toda Galicia

En Narón bailan os campións do mundo de danza coreográfica
08/06/2025 21:50
Narón Kids revalidaron o seu título de campioas do mundo
Forever Narón debutou no Mundial e gañou

A Festa do Viño Tinto de Ribadumia amosa os mellores Barrantes e caldos autóctonos do Salnés
08/06/2025 21:10
Oito homes e unha muller foron escollidos como valedores deste caldo híbrido que está en proceso de regularización

Carlos Alcaraz remonta unha final memorable de Roland Garros fronte a Sinner
08/06/2025 21:01
O italiano, que non cedera unha rolda en todo o torneo, adiantouse 2-0
O murciano salvou tres bolas de partido no 4.º set e gañou con autoridade no súper tie break
É o quinto Grande de Alcaraz e segundo Roland Garros consecutivo