Novas
Contido con Xeográficas .
A Coruña

Alerta tras a morte dun veciño de Bergondo por consumo do tubérculo nabo do diaño
09/05/2022 21:21
Segundo confirmou a alcaldesa de Bergondo, a alerta xa foi trasladada e comunicada á veciñanza, en cumprimento da petición do xulgado número 2 de Betanzos
O xulgado concluíu que a morte se debeu á inxestión dunha variante do coñecido como nabo do diaño

O MS World Explorer, un cruceiro especializado en viaxes de aventura, visita A Coruña
09/05/2022 14:14
Trátase dun un buque oceánico que xa realizou viaxes a Antártida ou o Ártico

Cargan 90.000 toneladas de formigón no buque semisomerxible máis grande do mundo
08/05/2022 20:24
A operación, inédita a nivel mundial, desenvólvese no porto exterior da Coruña

O buque semisomerxible máis grande do mundo atraca na Coruña
08/05/2022 14:25
Ten capacidade para transportar máis de 100.000 toneladas
Partirá despois de cargar seis caixóns flotantes de formigón armado

Agresores, vítimas e espectadores: as tres patas do acoso nas aulas
08/05/2022 13:31
O programa TEI de convivencia leva 20 anos funcionando
O alumnado maior asume a titoría dos máis pequenos

A iniciativa "A proxección sonora" achega a música á comunidade xorda
07/05/2022 21:39
Un concerto no Muncyt pechou o proxecto pedagóxico

O Día da Ciencia na Rúa recunca no parque coruñés de Santa Margarida
07/05/2022 14:51
Unha trintena de centros escolares presentan os seus proxectos científicos

Prisión provisional para o home acusado de acoitelar unha muller en Oleiros
06/05/2022 14:29
O agresor abordou a muller cando ía traballar, acoitelouna polas costas e rouboulle o móbil
Despois usou os datos bancarios que había no teléfono da vítima para facer varias compras

Os veciños de Suevos, en Arteixo, esixen melloras na seguridade viaria para evitar unha desgraza
06/05/2022 14:07
Non desbotan mobilizarse e cortar o tráfico se non lles achegan melloras urxentes

Investigan un roubo nunha residencia de maiores de Oleiros
06/05/2022 12:07
Levaron os cartos da caixa forte, sen causar máis danos