Caos e confusión polo peche ao tráfico nunha céntrica rúa Picavia da Coruña
Quéixanse da mala sinalización
Este cambio na circulación estará activo ata o 23 de xuño
Malia que hai dous sinais que prohiben o paso a todos os vehículos, agás aos que van aos garaxes, hai condutores que, despistados, seguen circulando pola céntrica rúa Picavia, cara á Praza de Lugo, ata que se decatan de que se meteron nunha vía sen saída e que non lles queda outra que dar volta.
A única alternativa é meterse polo túnel cara ao aparcadoiro ou á Praza de Pontevedra. Este cambio na circulación chegou este martes, hai tres días, e aínda seguen sendo moitos os condutores que se confunden e mesmo á Policía Local cústalle acostumarse.
Non vai quedar outra que adaptarse porque a rúa Picavia, que é moi concorrida, permanecerá pechada ao tráfico 56 días máis. Todo polos traballos de pavimentación.