Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha muller na Coruña por acoitelar a súa parella

Deteñen unha muller na Coruña por acoitelar a súa parella

Polas feridas sufridas, o home foi hospitalizado, aínda que sen risco para a súa vida

G24.gal 28/04/2022 14:43

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron unha muller por acoitelar a súa parella na Coruña, segundo confirmaron fontes policiais. Os feitos producíronse a última hora da tarde do mércores na avenida de Hércules, no barrio de Monte Alto, nun caso de violencia doméstica.

De acordo coa información facilitada, a muller agrediu a súa parella cun coitelo. Polas feridas sufridas, o home foi hospitalizado, aínda que sen risco para a súa vida, precisaron as fontes consultadas. Despois do sucedido, os axentes do Corpo Nacional de Policía desprazados ao lugar dos feitos procederon á detención da muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade